Networking Terceiro Sector - Xornalistas

Inicio / Acción Social / Profesionalización do Terceiro Sector Social / Máis Social Galicia / Networking Terceiro Sector - Xornalistas

Networking Terceiro Sector - Xornalistas

III Edición

Nova edición do Networking “Coñecerse para comprenderse” organizado pola Fundación Barrié e o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia dirixido a entidades do Terceiro Sector e profesionais da Comunicación e que se desenvolverá arredor da temática Storytelling no Terceiro Sector.
 
A inclusión de historias de vida, relatos cotiáns ou outro tipo de narrativas desvelouse como unha eficaz ferramenta para incluír información das entidades sociais na axenda dos medios. “Contar unha historia”, o día a día das entidades sociais, permite que os medios poidan transmitila á sociedade, achegando a problemática á cidadanía de maneira clara e sinxela.
 
Os participantes traballarán en grupos de traballo mixtos coordinados por membros do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, profesionais con ampla experiencia como xornalistas.
 
O Networking incluirá a intervención de todas ou unha escolma das entidades sociais participantes na emisión en directo do programa Hoy por Hoy da Cadena Ser que terá lugar no Auditorio da Fundación Barrié ás 12.30 h.

  • Data: 1 de outubro de 2019
  • Lugar: sede da Fundación Barrié, A Coruña.
  • Prazo de solicitude: 3 ata 18 de setembro de 2019
  • Actividade de balde
  • Capacidade do local limitada.
  • 20 prazas para ONG´s (máximo un asistente por entidade).
Darase prioridade a aquelas entidades que participasen nalgunha das actividades previas do Programa Máis Social, así como a aquelas persoas que sexan as responsables da comunicación da entidade.
  • 20 prazas para xornalistas.


Programa

CONTIDOS RELACIONADOS