BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
DATA

Memoria Anual 2022

Memoria corporativa e edicións anteriores

SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse

CONTACTO DE PRENSA

Suzana Mihalic
Directora de Comunicación e Imaxe Corporativa


T. +34 981 060 091 / 659 459 030
smihalic@fbarrie.org


O networking está encadrado dentro do programa da Fundación Barrié QUE FACER PARA COMUNICAR MELLOR DESDE O TERCEIRO SECTOR SOCIAL

19-10-2017

  • A Fundación Barrié e o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia organizaron este mércores 18 de outubro na sede da Fundación Barrié na  Coruña o networking "Coñecerse para comprenderse", no que participaron de maneira conxunta 15 xornalistas e 21 representantes de entidades sociais galegas.
  • Os xornalistas Belén Regueira, Xaime Leiro e Ángela Fernández Casal foron os responsables de coordinar os grupos de traballo mixtos, nos que os participantes puxeron en común cuestións como cal é a situación mediática do terceiro sector neste momento, a función social dos medios na sociedade, a participación dos medios de comunicación na construción das entidades sociais ou o papel do terceiro sector no xornalismo social; tentando achegar propostas para mellorar a comunicación e a presenza nos medios das organizacións sociais.
  • O obxectivo deste networking é promover o diálogo entre o Terceiro Sector e profesionais do xornalismo, establecendo contactos a longo prazo que beneficien a ambos os sectores.

Momento do Networking "Coñecerse para comprenderse" na Fundación Barrié
© Fundación Barrié

A Coruña, 18 de outubro de 2017.-   A Fundación Barrié e o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia organizaron este mércores 18 de outubro na sede da Fundación Barrié na Coruña o networking "Coñecerse para comprenderse", no que participaron de maneira conxunta 15 xornalistas e 21 representantes de entidades sociais galegas.
 
O acto foi inaugurado por María Isabel Pérez, directora de Acción Social da Fundación Barrié, que sinalou “a importancia  de actividades como esta, enfocadas a crear un espazo de traballo común entre xornalistas e o terceiro sector social galego”. Pérez destacou o carácter "experimental" desta xornada, na que por primeira vez se reúnen entidades do terceiro sector e xornalistas baixo o lema "Coñecerse para comprenderse". Francisco X. González Sarria, decano do Colexio de Xornalistas, pola súa banda, insistiu nesta vontade de coñecerse e salientou a importancia do diálogo para que ambos os dous sectores saiban "que facemos mal e entendamos as situacións de vulnerabilidade".
 
Nesta vontade de diálogo, o decano quixo lembrar tamén o traballo desenvolvido no último ano co Colexio de Psicoloxía de Galicia, que culminou no documento 'Informa_Dor'.
 
A continuación, estabelecéronse tres grupos de traballo mixtos, formados cada un por cinco xornalistas e sete representantes das entidades sociais, para debater sobre os problemas que xorden á hora da comunicación entre ambos os dous sectores.
 
Os xornalistas Belén Regueira, Xaime Leiro e Ángela Fernández Casal foron os responsables de coordinar os grupos de traballo mixtos, nos que os participantes puxeron en común cuestións como cal é a situación mediática do terceiro sector neste momento, a función social dos medios na sociedade, a participación dos medios de comunicación na construción das entidades sociais ou o papel do terceiro sector no xornalismo social; tentando achegar propostas para mellorar a comunicación e a presenza nos medios das organizacións sociais.
 
Tras unha pausa, puxéronse en común as conclusións dos distintos grupos de traballo. Entre elas destacan a necesidade de establecer redes de contactos de mutua confianza entre entidades e xornalistas, evitar a estigmatización da enfermidade mental e coidar especialmente a linguaxe nas informacións referidas a este colectivo.
 
O networking está encadrado dentro do programa da Fundación Barrié QUE FACER PARA COMUNICAR MELLOR DESDE O TERCEIRO SECTOR SOCIAL, que se iniciou o pasado martes 26 de setembro cun obradoiro, de carácter eminentemente práctico, para proporcionar ás entidades sociais consellos e ferramentas que lles permitan mellorar a comunicación das súas accións.

RECURSOS DISPONIBLES

Imaxes