Consultoría Máis Social Nacional
Asesoramento e acompañamento ás organizacións do sector de acción social de ámbito estatal participantes para o desenvolvemento da súa identidade - marca corporativa e o deseño, implementación e avaliación do seu plan de comunicación interna.
Búscanse dous obxectivos:
- Reforzo da cultura e identidade corporativas para o fortalecemento da marca destas organizacións e a súa proxección tanto interna como externa.
- Mellora da comunicación interna tanto vertical como horizontal como vía para fomentar esta cohesión e favorecer o traballo en rede.