BUSCAR
Memoria Anual 2022
IDENTIDADE VISUAL CORPORATIVA
SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER
Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié
Subscribirse
CONTACTO DE PRENSA
Suzana Mihalic
Directora de Comunicación e Imaxe Corporativa
T. +34 981 060 091 / 659 459 030
smihalic@fbarrie.org
Estas actividades desenvólvense no marco do Programa Máis Social Conecta
-
A Fundación Barrié fixo pública hoxe na Coruña a resolución da Convocatoria Máis Social CONECTA 2017, consistente en 10 axudas para o desenvolvemento da web corporativa de entidades galegas de acción social, utilizando para iso o modelo Máis Social CONECTA.
-
As 10 entidades seleccionadas representan a diferentes colectivos como Alzheimer e outras demencias, dano cerebral adquirido, discapacidade (física / intelectual/ sensorial), enfermidades raras e/ou crónicas, exclusión/ inclusión social, menores e familia e trastornos por déficit de atención con hiperactividade (TDAH) e trastornos do espectro autista.
-
Presentáronse 51 solicitudes a esta convocatoria, dotada pola Fundación Barrié con 88.039 euros.
-
Máis Social CONECTA é unha solución web creada pola empresa EDISA no marco do Programa Máis Social que axuda a mellorar a visibilidade e, con iso as posibilidades de captación de fondos das entidades do Terceiro Sector.
A Coruña, 30 de maio de 2017.- A Fundación Barrié fixo pública hoxe na Coruña a resolución da Convocatoria Máis Social CONECTA 2017, consistente en 10 axudas para o desenvolvemento da web corporativa de entidades galegas de acción social, utilizando para iso unha solución web creada pro bono pola empresa EDISA, como socio de Máis Social Conecta.
As 10 entidades seleccionadas representan a diferentes colectivos como Alzheimer e outras demencias, dano cerebral adquirido, discapacidade (física / intelectual/ sensorial), enfermidades raras e/ou crónicas, exclusión/ inclusión social, menores e familia e trastornos por déficit de atención con hiperactividade (TDAH) e trastornos do espectro autista.
RELACIÓN DE ENTIDADES SELECCIONADAS:
COLECTIVO | ENTIDADE | ÁMBITO TERRITORIAL DE ACTUACIÓN | ||
1| Alzheimer e outras demencias | Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer - AFACO ( A Coruña) | A Coruña | ||
2| Dano cerebral adquirido | Federación Galega de Dano Cerebral- FEGADACE (Santiago de Compostela) | Galicia | ||
3| Discapacidade física | Liga Reumatolóxica Galega - LRG (A Coruña) | Galicia | ||
4| Discapacidade intelectual | Asociación de Pais, Amigos e Profesionais das Persoas con Discapacidade Intelectual Special Olympics Galicia (Santiago de Compostela) | Galicia | ||
5| Discapacidade sensorial | Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia - FAXG (A Coruña) | Galicia | ||
6| Enfermidades raras e/ou crónicas | Federación Galega de Esclerose Múltiple - FEGADEM (Ourense) | Galicia | ||
7| Exclusión/ Inclusión social | Unidade de Tratamento do Alcohol e Condutas Aditivas - UTACA (A Coruña) | A Coruña | ||
8| Menores y familia | Fundación Meniños (A Coruña) | Galicia | ||
9| Trastornos por déficit de atención con hiperactividade (TDAH) | Instituto Galego do TDAH e Trastornos Asociados - INGADA (A Coruña) | Galicia | ||
10| Trastornos do espectro autista | Asociación de Pais de Persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) da provincia da Coruña - ASPANAES (A Coruña) | A Coruña |
CONVOCATORIA DE AXUDAS
Foron 51 as solicitudes presentadas á Convocatoria de axudas Máis Social CONECTA 2017, consistente en 10 axudas para o desenvolvemento da web corporativa de entidades de acción social con domicilio en Galicia e que ten como obxectivo converter as páxinas web das entidades beneficiadas en verdadeiras ferramentas de comunicación capaces de provocar cambios reais na súa comunidade, sen que iso supoña para as entidades un reto imposible de abordar por cuestión de organización, tempos ou recursos.
A dotación da convocatoria é de 88.039 euros que achegará a Fundación Barrié, a cal se reparte en 10 axudas de 8.803 euros cada unha. Cada axuda cobre o prezo íntegro (IVE incluído) dunha implantación estándar de Máis Social CONECTA nunha entidade do terceiro sector:
- Deseño, montaxe e instalación da nova web corporativa da entidade social a partir do modelo Máis Social CONECTA realizado en software libre.
- Asesoramento experto á entidade na elaboración dos seus contidos web.
- Formación específica, nas sedes da Fundación Barrié, na que se ensinará os profesionais da entidade a auto xestionar a súa páxina.
- Difusión do novo portal nos buscadores, redes sociais e contactos dentro e fóra do terceiro sector.
MÁIS SOCIAL CONECTA
Xorde no ano 2013, como iniciativa da Fundación Barrié, nun contexto no que moitas entidades do terceiro sector non teñen aínda páxina web ou, se a teñen, non achega a información que demandan os seus usuarios e colaboradores (socios, doantes, voluntarios…) ou non ofrece opcións para iniciar esa colaboración e mantela no tempo.
Máis Social CONECTA responde ás necesidades web do terceiro sector independentemente da tipoloxía, dimensión ou estrutura de cada entidade. As novas páxinas potencian a utilidade pública das entidades, melloran a súa imaxe e transparencia de cara á sociedade e achegan ferramentas para a captación de fondos e de base social. Implántase co apoio da empresa EDISA, que desenvolveu a aplicación, e dá soporte á entidade durante todo o proceso.
Grazas a esta iniciativa, a día de hoxe, 27 entidades sociais contan xa cunha web.
ANEXOS
Ficha descritiva Máis CONECTA
Testemuñas entidades beneficiarias
RECURSOS DISPONIBLES