BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
DATA

Memoria Anual 2022

Memoria corporativa e edicións anteriores

SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse

CONTACTO DE PRENSA

Suzana Mihalic
Directora de Comunicación e Imaxe Corporativa


T. +34 981 060 091 / 659 459 030
smihalic@fbarrie.org


Estas actividades desenvólvense no marco do Programa Máis Social Conecta

30-05-2017

  • A Fundación Barrié fixo pública hoxe na Coruña a resolución da Convocatoria Máis Social CONECTA 2017,  consistente en 10 axudas para o desenvolvemento da web corporativa de entidades galegas de acción social, utilizando para iso o modelo Máis Social CONECTA.
  • As 10 entidades seleccionadas representan a diferentes colectivos como Alzheimer e outras demencias, dano cerebral adquirido,  discapacidade (física / intelectual/ sensorial), enfermidades raras e/ou crónicas, exclusión/ inclusión social, menores e familia e trastornos por déficit de atención con hiperactividade (TDAH)  e trastornos do espectro autista.
  • Presentáronse 51 solicitudes a esta convocatoria, dotada pola Fundación Barrié con 88.039 euros.
  • Máis Social CONECTA é unha solución web creada pola empresa  EDISA no marco do Programa Máis Social que axuda a mellorar a visibilidade e, con iso as posibilidades de captación de fondos das entidades do Terceiro Sector. 

Representantes das entidades beneficiarias do Programa Máis Social Conecta 2017 acompañadas de membros da Fundación Barrié e EDISA
© Fundación Barrié

A Coruña, 30 de maio de 2017.- A Fundación Barrié fixo pública hoxe na Coruña a resolución da Convocatoria Máis Social CONECTA 2017,  consistente en 10 axudas para o desenvolvemento da web corporativa de entidades galegas de acción social, utilizando para iso unha solución web creada pro bono pola empresa EDISA, como socio de Máis Social Conecta.
 
As 10 entidades seleccionadas representan a diferentes colectivos como Alzheimer e outras demencias, dano cerebral adquirido,  discapacidade (física / intelectual/ sensorial), enfermidades raras e/ou crónicas, exclusión/ inclusión social, menores e familia e trastornos por déficit de atención con hiperactividade (TDAH)  e trastornos do espectro autista.
 
 
RELACIÓN DE ENTIDADES SELECCIONADAS:
 

COLECTIVO   ENTIDADE   ÁMBITO TERRITORIAL DE ACTUACIÓN
1| Alzheimer e outras demencias   Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer - AFACO ( A Coruña)   A Coruña
2| Dano cerebral adquirido   Federación Galega de Dano Cerebral- FEGADACE (Santiago de Compostela)   Galicia
3| Discapacidade física   Liga Reumatolóxica Galega - LRG (A Coruña)   Galicia
4| Discapacidade intelectual   Asociación de Pais, Amigos e Profesionais das Persoas con Discapacidade Intelectual Special Olympics Galicia (Santiago de Compostela)   Galicia
5| Discapacidade sensorial   Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia - FAXG (A Coruña)   Galicia
6| Enfermidades raras e/ou crónicas   Federación Galega de Esclerose Múltiple - FEGADEM (Ourense)   Galicia
7| Exclusión/ Inclusión social   Unidade de Tratamento do Alcohol e Condutas Aditivas - UTACA  (A Coruña)   A Coruña
8| Menores y familia   Fundación Meniños (A Coruña)   Galicia
9| Trastornos por déficit de atención con hiperactividade (TDAH)   Instituto Galego do TDAH e Trastornos Asociados - INGADA (A Coruña)   Galicia
10| Trastornos do espectro autista   Asociación de Pais de Persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) da provincia da Coruña - ASPANAES (A Coruña)   A Coruña
 
CONVOCATORIA DE AXUDAS
 
Foron 51 as solicitudes presentadas á Convocatoria de axudas Máis Social CONECTA 2017, consistente en 10 axudas para o desenvolvemento da web corporativa de entidades de acción social con domicilio en Galicia e que ten como obxectivo converter as páxinas web das entidades beneficiadas en verdadeiras ferramentas de comunicación capaces de provocar cambios reais na súa comunidade, sen que iso supoña para as entidades un reto imposible de abordar por cuestión de organización, tempos ou recursos.
 
A dotación da convocatoria é de 88.039 euros que achegará a Fundación Barrié, a cal se reparte en 10 axudas de 8.803 euros cada unha. Cada axuda cobre o prezo íntegro (IVE incluído) dunha implantación estándar de Máis Social CONECTA nunha entidade do terceiro sector:
 
-  Deseño, montaxe e instalación da nova web corporativa da entidade social a partir do modelo Máis Social CONECTA realizado en software libre.
-  Asesoramento experto á entidade na elaboración dos seus contidos web.
-  Formación específica, nas sedes da Fundación Barrié, na que se ensinará os profesionais da entidade a auto xestionar a súa páxina.
-  Difusión do novo portal nos buscadores, redes sociais e contactos dentro e fóra do terceiro sector.
 
 
MÁIS SOCIAL CONECTA
 
Xorde no ano 2013, como iniciativa da Fundación Barrié, nun contexto no que moitas entidades do terceiro sector non teñen aínda páxina web ou, se a teñen, non achega a información que demandan os seus usuarios e colaboradores (socios, doantes, voluntarios…) ou non ofrece opcións para iniciar esa colaboración e mantela no tempo.
 
Máis Social CONECTA responde ás necesidades web do terceiro sector independentemente da tipoloxía, dimensión ou estrutura de cada entidade. As novas páxinas potencian a utilidade pública das entidades, melloran a súa imaxe e transparencia de cara á sociedade e achegan ferramentas para a captación de fondos e de base social. Implántase co apoio da empresa EDISA, que desenvolveu a aplicación, e dá soporte á entidade durante todo o proceso.
 
 
Grazas a  esta iniciativa, a día de hoxe,  27 entidades sociais contan xa cunha web.
 
ANEXOS
 
Ficha descritiva Máis CONECTA
Testemuñas entidades beneficiarias

RECURSOS DISPONIBLES