BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
DATA

Memoria Anual 2023

Memoria corporativa e edicións anteriores

SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse

CONTACTO DE PRENSA

Suzana Mihalic
Directora de Comunicación e Imaxe Corporativa


T. +34 981 060 091 / 659 459 030
smihalic@fbarrie.org


20-09-2016

  • Mañá, mércores 21 de setembro, celebrarase na Casa de Galicia, a primeira xornada da edición nacional do Programa Formativo Máis Social Fundación Barrié.
  • Neste participarán sete entidades nacionais do Terceiro Sector seleccionadas: CEAFA (Confederación Española de Alzheimer), CONFEDERACIÓN ASPACE (Confederación Española de organizacións de atención a persoas con parálise cerebral e afíns), FEDER (Federación Española de enfermidades raras), FEDACE (Federación española de dano cerebral), CONFAE (Confederación Asperger España), RED ARAÑA (Rede Española de entidades para o emprego) e MÉDICOS DEL MUNDO.
  • O Programa Formativo está integrado por cinco módulos nos que se abordarán temas de estratexia e liderado orientado a resultados, comunicación e márketing, captación de fondos, xestión de proxectos e xestión de persoas, que se complementarán con xornadas de experiencias nas que participarán as entidades das diferentes confederacións.
  • O Director do Instituto de Innovación Social de ESADE, Ignasi Carreras, falará, nesta xornada, sobre Estratexia e liderado orientado a resultados.
  • O programa Máis Social, que a Fundación Barrié desenvolve en Galicia desde 2011 ten como obxectivo primordial a sostibilidade económica das entidades sociais mediante a mellora da súa xestión directiva. 

Momento da presentación do "Programa Formativo Máis Social Fundación Barrié" en Madrid o pasado 22 de xuño
© Fundación Barrié

A Coruña, 20 de setembro de 2016.- Mañá, mércores 21 de setembro, celebrarase na Casa de Galicia a primeira xornada da edición nacional do Programa Formativo Máis Social Fundación Barrié dirixido a entidades nacionais do Terceiro Sector.
 
O Programa Formativo está integrado por cinco módulos nos que se abordarán temas de estratexia e liderado orientado a resultados, comunicación e márketing, captación de fondos, xestión de proxectos e xestión de persoas, que se complementarán con xornadas de experiencias nas que participarán as entidades das diferentes confederacións.
 
As sesións son impartidas por docentes expertos na súa materia e con ampla experiencia no sector:
 

Módulo estratexia e cambio: estratexia e liderado orientado a resultados
 
 

  Ignasi Carreras, Director do Instituto de Innovación Social de ESADE

  21/ setembro/2016

 

Módulo comunicación e márketing: marcas asociativas confederais de valor público con coproxectos e comunicación colaborativa interna e externa

 Toni Puig, Profesor de Branding e márketing público no Instituto de Gobernanza e Dirección Pública de ESADE

 06/outubro/2016
 

* Módulo captación de fondos: captación de fondos privados

  Juan Mezo, Socio Director de Valores & Marketing

  19/outubro/2016
 

Módulo xestión de proxectos: o valor estratéxico dos proxectos e a súa importancia para a Federación 

  Agustín de Asís, Director Xeral da Fundación Summa Humanitate

  03/novembro/2016

 

Módulo xestión de persoas: cultura de traballo e xestión de persoas desde un liderado compartillado 

  Carlos Cortés, Director Académico do Programa Formativo Máis Social Fundación Barrié, consultor, formador e coach executivo

  16/novembro/2016

 
Estas xornadas acompáñanse de obradoiros nos que se expoñerán casos de éxito ou boas prácticas seleccionadas entre as entidades participantes, e que tamén se celebrarán na Casa de Galicia.
 
ENTIDADES PARTICIPANTES
 

  • CEAFA (Confederación española de asociacións de familiares de persoas con Alzhéimer e outras demencias)
  • CONFEDERACIÓN ASPACE (Confederación española de organizacións de atención a persoas con parálise cerebral e afíns)
  • FEDER (Federación Española de enfermidades raras)
  • FEDACE (Federación española de dano cerebral)
  • CONFAE (Confederación Asperger España)
  • MÉDICOS DEL MUNDO
  • RED ARAÑA (Rede Española de entidades para o emprego) son as 6 entidades que participarán nesta primeira edición a nivel nacional
 
o   WEB MÁS SOCIAL CONECTA

 Desenvolvemento da web corporativa a Confederacións de acción social, que abarcará o deseño, montaxe e instalación de cada nova páxina, así como o asesoramento na elaboración de contidos, formación para a autoxestión da web e difusión dentro e fóra do Terceiro Sector, coa participación da empresa Edisa como socia nesta parte do programa.

 
o   CONSULTORÍA

        Dirixida á realización dun plan de acción que axude a mellorar a comunicación interna das confederacións participantes con todas as súas entidades federadas.

 
o   SOCIAL VENTURE ACADEMY

Xornada orientada ao adestramento na presentación de proxectos a posibles financiadores e que pretendemos se complemente cun evento de captación de fondos.
 
O programa formativo e a implementación da web realizaranse durante este ano 2016. En 2017 levarase a cabo a consultoría, o Social Venture Academy e o evento de captación de fondos.
 
O orzamento estimado para o desenvolvemento completo deste programa piloto ascende aproximadamente a 700.000 euros. Todos os servizos ofertados terán carácter gratuíto para as confederacións participantes, que só deberán cubrir os seus gastos de desprazamento, se os houber, ás actividades e eventos que implica o programa e que se desenvolverá en Madrid.

A Fundación Barrié

Fundación galega privada, con patrimonio propio, constituída polo empresario Pedro Barrié en 1966, que traballa polo desenvolvemento social, cultural e económico de Galicia implementando proxectos innovadores nas súas catro principais áreas de actuación:  cultura e patrimonio, ciencia, educación  e acción social. 

RECURSOS DISPONIBLES