BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
DATA

Memoria Anual 2023

Memoria corporativa e edicións anteriores

SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse

CONTACTO DE PRENSA

Suzana Mihalic
Directora de Comunicación e Imaxe Corporativa


T. +34 981 060 091 / 659 459 030
smihalic@fbarrie.org


Estas actividades desenvólvense no marco do Programa KTORCE-18

09-03-2017

  • KTORCE-18 é unha iniciativa da Fundación Barrié e da Asociación ARELA que ten como fin achegar a Lei do Menor á comunidade educativa (pais, alumnado e mestres) e que xa chegou a mais de 20.000 participantes dende a súa posta en marcha no ano 2012.
  • O incremento da violencia de xénero entre os e as adolescentes fai precisa unha reflexión por parte deles mesmos e da comunidade educativa. Por isto, este ano o programa KTORCE-18 desenvolverá, baixo o lema 2017: a violencia de xénero entre adolescentes, actividades específicas sobre esta temática orientadas á prevención e intervención real dende os centros educativos.
  • Nos próximos días convocarase un concurso de elaboración de bocetos de graffitis que busca que os e as participantes reflexionen e cren mensaxes claras de freo á violencia de xénero. Os dous bocetos gañadores poderán plasmar estes graffitis en muros destinados a este fin situados en dúas cidades galegas.  
  • O 11 de maio celebrarase na sede da Fundación Barrié de Vigo unha xornada formativa para os e as profesionais da educación e a intervención social, que contará coa participación, entre outros profesionais, de Marina Marroquí, Presidenta da Asociación Ilicitana contra a Violencia de Xénero, quen na mesma data dará unha charla a adolescentes sobre esta problemática.

A Coruña 8 de marzo de 2017.- KTORCE-18 é unha iniciativa da Fundación Barrié e da Asociación ARELA, que ten como fin achegar a Lei do Menor á comunidade educativa (pais, alumnado e mestres).
 
Esta intervención preventiva de condutas infractoras lévase a cabo, fundamentalmente, a través de diferentes charlas para escolares, así como para familias e para a comunidade educativa, achegando a Lei 5/2000 reguladora da responsabilidade penal dos menores ao público obxecto dela. Esta intervención chegou ata o de agora a máis de 20.000 participantes dende os seus inicios no ano 2012.
 
De cara a este ano, o programa KTORCE-18 centrarase na intervención a través do lema 2017: A violencia de xénero entre adolescentes levando a cabo actividades específicas sobre esta temática orientadas á prevención e intervención real dende os centros educativos.
 
Ambas entidades perciben un incremento de problemas entre os e as adolescentes que fan precisa unha reflexión por parte deles mesmos e dos profesionais da comunidade educativa. Neste caso, trátase dun incremento da violencia de xénero entre a adolescencia. Son moitas as relacións que se establecen entre adolescentes baseadas no control e na perpetuación de estereotipos de xénero.
 
Dende a Asociación ARELA e a Fundación Barrié, enténdese que estas situacións precisan dunha reflexión por parte de todos (alumnado, mestres, profesionais da intervención en xeral), favorecendo así a posibilidade de intervención real dende o centro educativo, por isto a proposta de levar a cabo unha serie de actividades neste campo nos próximos meses.
 
O programa KTORCE-18, seguirá tendo como eixe fundamental da intervención no contexto escolar a realización de charlas, para o alumnado e profesorado, así como para familias convocadas polos departamentos dos Servizos Sociais dos Concellos de Galicia. Esta intervención ten o obxectivo xeral de intentar previr a comisión de feitos delictivos entre adolescentes, así como dar a coñecer o contido da Lei do Menor á sociedade. As charlas pódense solicitar directamente a través das web das entidades organizadoras: www.fbarrie.org y www.arela.org
 
CONCURSO DE ELABORACIÓN DE BOCETOS DE GRAFFITIS
 
Nos próximos días convocarase un concurso de elaboración de bocetos de graffitis, que pretende que os e as participantes reflexionen e cren mensaxes claras de freo á violencia de xénero. Ten como obxectivo fundamental implicar á adolescencia galega na loita contra calquera tipo de violencia de xénero. Este concurso contará cun xurado formado por diferentes profesionais de certa relevancia. Os dous bocetos gañadores poderán plasmar estes graffitis en muros destinados a este fin situados en dúas cidades galegas.
 
O concurso está dirixido a alumnos e alumnas de ESO, Bacharelato, Formación Profesional Básica e Ciclos Medios dos centros educativos de Galicia. 
 
XORNADA FORMATIVA PARA PROFESIONAIS - CHARLA DE MARINA MARROQUÍ PARA ADOLESCENTES
 
O xoves 11 de maio celebrarase na sede da Fundación Barrié de Vigo unha xornada formativa para os e as profesionais da educación e da intervención social, que ten como obxectivo xerar un espazo de formación, reflexión e intervención sobre a violencia de xénero entre adolescentes. Contará coa participación, entre outros profesionais, de Marina Marroquí, Presidenta da Asociación Ilicitana contra a Violencia de Xénero quen, na mesma data, dará unha charla a adolescentes sobre esta problemática.
 
Con estas actividades, a Asociación ARELA e a Fundación Barrié queren poñer o seu grao de area con motivo de poder xerar cambios de conciencia nesta problemática social.
 
Máis información en:
 
Web: www.arela.org/
Facebook: www.facebook.com/asociacionarela
Twitter: @AsociacionARELA