BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
DATA

Memoria Anual 2023

Memoria corporativa e edicións anteriores

SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse

CONTACTO DE PRENSA

Suzana Mihalic
Directora de Comunicación e Imaxe Corporativa


T. +34 981 060 091 / 659 459 030
smihalic@fbarrie.org


As actividades están dirixidas a alumnos de ESO e profesionais da comunidade educativa e intervención social no marco do Programa KTORCE-18

10-05-2017

  • O 11 de maio celebraranse na sede da Fundación Barrié de Vigo dúas actividades en relación coa violencia de xénero entre adolescentes: un obradoiro dirixido a adolescentes e unha xornada para profesionais.
  • Marina Marroquí, Presidenta da Asociación Ilicitana contra a Violencia de Xénero, será a responsable de impartir, pola mañá, un obradoiro para alumnos de E.S.O. dirixido á prevención e detección precoz de condutas sumisas e agresivas en adolescentes, o cal se pode seguir vía streaming a través de www.fundacionbarrie.org
  • Pola tarde, terá lugar a xornada “2017: la violencia de género entre adolescentes” que ten como obxectivo ofrecer un foro de reflexión e traballo dirixido a profesores e profesionais da intervención social sobre a violencia de xénero entre adolescentes.  
  • Estas actividades enmárcanse dentro do Programa Ktorce 18, unha iniciativa da Fundación Barrié e da Asociación ARELA, que ten como fin achegar a Lei do Menor á comunidade educativa (pais, alumnos profesores) e que chegou a máis de 20.000 participantes desde a súa posta en marcha no ano 2012.

Vigo, 10 de maio de 2017.- A Fundación Barrié e a Asociación ARELA organizan conxuntamente o11 de maio dúas actividades en relación coa violencia de xénero entre adolescentes: un obradoiro dirixido a adolescentes e unha xornada para profesionais.
 
OBRADOIRO PARA ADOLESCENTES: PREVENCIÓN E DETECCIÓN PRECOZ DE CONDUTAS SUMISAS E AGRESIVAS EN ADOLESCENTES 
11 de maio
10.30 h.- 12.30 h.
Sede da Fundación Barrié, Policarpo Sanz, 31, Vigo
Actividade gratuíta previa inscrición 
 
Cunha metodoloxía principalmente participativa, este obradoiro dirixido a alumnos de 2º, 3º e 4º de E.S.O. busca que o alumno desenvolva unha mentalidade crítica fronte ao sexismo que o/a rodea, e os perigos que lleva consigo. Dun xeito dinámico consegue que se interioricen ferramentas prácticas para a detección precoz da violencia de xénero.
 
O obradoiro é impartido por Marina Marroquí, Presidenta da Asociación Ilicitana contra a violencia de xénero e educadora social e ten como obxectivo previr a violencia de xénero en adolescentes mediante a identificación de estereotipos sexistas e propiciando un desenvolvemento persoal que dea pautas para unhas relacións afectivo-sexuais sen desequilibrio de poder. Así mesmo, axudará a detectar posibles condutas daniñas nas relacións afectivo -sexuais entre os adolescentes, tanto sumisas como agresivas.
 
Participará alumnado do IES Castelao e o Colexio María Auxiliadora (Vigo), IES Johan Carballiera (Bueu), IES Castro Alobre (Viagarcía de Arousa), e o IES de Brión.
 
O obradoiro pode seguirse vía streaming a través de
http://www.fundacionbarrie.org/streaming-taller-violencia-genero-adolescentes
 
Este obradoiro foi impartido a máis de 1.550 adolescentes de toda España, e detectáronse 42 casos de violencia de xénero en adolescentes durante o desenvolvemento do obradoiro.
 
XORNADA PARA PROFESIONAIS DA COMUNIDADE EDUCATIVA E INTERVENCIÓN SOCIAL “2017: A VIOLENCIA DE XÉNERO ENTRE ADOLESCENTES”
11 de maio
15.30 h.- 20.00 h.
Sede da Fundación Barrié, Policarpo Sanz, 31, Vigo
Actividade gratuíta previa inscrición 
 
O obxectivo é ofrecer un foro de reflexión e traballo dirixido a profesores e profesionais da intervención social sobre a violencia de xénero entre adolescentes, como previla e  detectar posibles casos, dando pautas para unha mellor actuación.
 
A xornada conta con profesionais de diferentes ámbitos da intervención especializada, entre os que se encontra Marina Marroquí, Presidenta e fundadora da Asociación Ilicitana contra a violencia de xénero (https://www.aivig.com)  e o equipo de ARELA, entre outros.
 
Programa Ktorce 18
 
O obradoiro e mais a xornada enmárcanse dentro do Programa Ktorce 18, unha iniciativa da Fundación Barrié e da Asociación ARELA, de apoio á infancia e xuventude, con sede en Vigo, que ten como fin achegar a Lei do Menor á comunidade educativa (pais, alumnos e profesores) e que chegou a máis de 20.000 participantes desde a súa posta en marcha no ano 2012.  
 
A través de charlas divulgativas e outras actividades, os alumnos de 2º a 4º de ESO e os pais descobren aspectos descoñecidos desta lei como a cantidade de medidas impostas polos xulgados de menores, a complexidade da realidade de cada menor que delinque ou a responsabilidade colectiva con respecto ao tipo de sociedade que se constrúe e o comportamento que se potencia nela.
 
O incremento da violencia de xénero entre os adolescentes fai precisa unha reflexión por parte deles mesmos e da comunidade educativa. Por iso, este ano o programa KTORCE-18 desenvolverá, baixo o lema 2017: a violencia de xénero entre adolescentes, actividades específicas sobre esta temática orientadas á prevención e intervención real desde os centros educativos.
 
 
Máis información en:
 
Web: www.arela.org/
Facebook: www.facebook.com/asociacionarela
Twitter: @AsociacionARELA
 
Asociación ARELA
Rúa: Ernesto Lecuona, 11 baixo. 36205 Vigo
Persoa de contacto: Julio Barreiro González
Teléfono: 986 21 25 37