BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
DATA

Memoria Anual 2022

Memoria corporativa e edicións anteriores

SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse

CONTACTO DE PRENSA

Suzana Mihalic
Directora de Comunicación e Imaxe Corporativa


T. +34 981 060 091 / 659 459 030
smihalic@fbarrie.org


24-04-2017

A Fundación Barrié acolle esta semana en A Coruña o IX Concurso Galego de Robótica A Maxia da Robótica, no cal participarán, entre Vigo e Coruña, un total de 2.279 alumnos e 120 profesores de 60 centros de toda Galicia
 
Obradoiros A Coruña: do 24  ao 28 de abril. De 9h a 15h e de 16h a 18h
 
Proba final e entrega de premios. A Coruña, martes 4 de maio, de 10h a 13 h, para os equipos gañadores.

IX Concurso Galego de Robótica "A Maxia da Robótica"
© Fundación Barrié

A Coruña, 24 de abril de 2017.- A Fundación Barrié e a Institución Galega da Ciencia  (IGACIENCIA) organizan na Coruña esta semana, do luns 24 ao venres 28 de abril o IX Concurso Galego de Robótica A Maxia da Robótica, no cal está previsto que participen un total de 2.279 alumnos e 120 profesores de 60 centros educativos de toda Galicia, de educación secundaria e terceiro ciclo de educación primaria. A edición en Vigo tivo lugar entre o pasado 4 e 7 de abril.
 
O obxectivo do obradoiro A maxia da robótica é achegar á xente nova e á cidadanía en xeral ao mundo da robótica, mediante a montaxe de sinxelos robots, facéndoo comprensible e resaltando a súa importancia e as implicacións no seu propio futuro. Para iso, bríndase a oportunidade de participar en grupo na montaxe e programación dun robot móbil cun kit de LEGO. Dun xeito sinxelo e divertido o alumnado participante familiarizarase tanto cos robots como coa linguaxe da robótica. Para este obradoiro non cómpre ter coñecementos en programación nin en electrónica previos, pois a electrónica está integrada nun ladrillo intelixente e a programación realízase nun contorno visual sinxelo para que ata os máis pequenos poidan construír e deseñar os seus robots dando paso, despois da montaxe, á parte de programación.
 
Ao tempo que se pretende que sintan a paixón pola aprendizaxe, os rapaces e rapazas participantes intégranse nun grupo no cal deben compartir obxectivos e realizar un traballo colaborativo para poder resolver os desafíos que se lles propón ao longo da experiencia. Ao remate do obradoiro, de dúas horas de duración, cada grupo terá acadado un número de puntos que lle permitirán optar aos premios do IX Concurso Galego de Robótica 2017.
 
Tanto a robótica como a programación introducíronse en Galicia como materias optativas desde este curso, polo que estas actuacións cobran máis sentido e maior interese pois xa poden ser consideradas curriculares. Así mesmo, o emprego dixital será en 2020 o maior nicho de emprego, tanto en Galicia como no resto de España e Europa.
 
O certame puxo de manifesto a grande implicación no concurso dos alumnos con menor motivación cara ao estudo, a importancia do equipo e non do individuo e a gran relevancia das competencias transversais nesta competición (traballo en equipo, negociación, liderado, competencia, etc.)
 
A Institución Galega da Ciencia  (IGACIENCIA) vén promovendo e organizando esta actividade que se desenvolveu, en anos anteriores, coa colaboración dos Concellos respectivos, nas cidades de Lugo, Santiago, Burela e Lugo, de novo. É o sexto ano consecutivo que a Fundación Barrié acolle esta iniciativa, no marco de educaBarrié, o seu espazo de relación coa comunidade educativa que aglutina toda a oferta educativa, neste caso no eido da súa actividade de divulgación da ciencia. A Fundación esfórzase por achegar a ciencia aos escolares e fomentar novas vocacións científico-tecnolóxicas, cun programa de actividades ao longo do curso escolar, (www.fundacionbarrie.org) nunha nova mostra máis do sólido compromiso da Fundación Barrié coa investigación en Galicia.
 
A participación, seguindo a tónica habitual, segue a ser notable, de tal maneira que no primeiro día de inscrición cubríronse 53 prazas, e delas 48 fixérono na primeira hora de apertura da inscrición. Ver http://www.igaciencia.eu. IGACIENCIA é unha asociación entregada á difusión e promoción da Ciencia, sobre todo a nivel de primaria e secundaria. Entre as actividades que promove figuran os Obradoiros Concurso Galego de Robótica, o congreso de Software Libre para Educación, os Rallys de matemáticas e Ciencias a nivel internacional, exposicións propias de Arte e Ciencia e a publicación periódica das súas revistas Labirinto e Labirinto DixitalHYPERLINK "http://www.labirintos.eu/".
 
COLEXIOS PARTICIPANTES NA CORUÑA:
 

A Coruña
Colexio Santo Domingo A Coruña
IES A Cachada
IES Arcebispo Xelmírez 2
IES Ortigueira
CPR Franciscanos Coruña
Peleteiro
IES Castro da Uz
IES Ramón Menéndez Pidal
IES Ricardo Carballo Calero
IES Isaac Díaz Pardo
CPI Virxe da Cela
IES Perdouro
CPR Jesús Maestro
IES San Rosendo
IES Concepcion Arenal
IES BREAMO
IES Sofía Casanova
IES Muralla Romana
Colexio de Cervo
CPR P. Santa Xoana de Lestonnac
IES Fene
IES nº1 Ribeira
Colegio de Fomento Peñarredonda
IES Francisco Asorey
IES Agra do Orzán
IES Fragas do Eume
CEIP Recimil
CPI San Sadurniño
IES Illa de Sarón
IES Marqués de Sargadelos
CPI de Atios
IES Moncho Valcarce
IES Eusebio da Guarda
IES Isaac Díaz Pardo
IES Anxel Fole
CPI de Castroverde
IES A Pinguela
 

RECURSOS DISPONIBLES

Imaxes