BUSCAR
Memoria Anual 2023
IDENTIDADE VISUAL CORPORATIVA
SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER
Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié
Subscribirse
CONTACTO DE PRENSA
Suzana Mihalic
Directora de Comunicación e Imaxe Corporativa
T. +34 981 060 091 / 659 459 030
smihalic@fbarrie.org
A Fundación Barrié acolle esta semana en A Coruña o IX Concurso Galego de Robótica A Maxia da Robótica, no cal participarán, entre Vigo e Coruña, un total de 2.279 alumnos e 120 profesores de 60 centros de toda Galicia
Obradoiros A Coruña: do 24 ao 28 de abril. De 9h a 15h e de 16h a 18h
Proba final e entrega de premios. A Coruña, martes 4 de maio, de 10h a 13 h, para os equipos gañadores.
A Coruña, 24 de abril de 2017.- A Fundación Barrié e a Institución Galega da Ciencia (IGACIENCIA) organizan na Coruña esta semana, do luns 24 ao venres 28 de abril o IX Concurso Galego de Robótica A Maxia da Robótica, no cal está previsto que participen un total de 2.279 alumnos e 120 profesores de 60 centros educativos de toda Galicia, de educación secundaria e terceiro ciclo de educación primaria. A edición en Vigo tivo lugar entre o pasado 4 e 7 de abril.
O obxectivo do obradoiro A maxia da robótica é achegar á xente nova e á cidadanía en xeral ao mundo da robótica, mediante a montaxe de sinxelos robots, facéndoo comprensible e resaltando a súa importancia e as implicacións no seu propio futuro. Para iso, bríndase a oportunidade de participar en grupo na montaxe e programación dun robot móbil cun kit de LEGO. Dun xeito sinxelo e divertido o alumnado participante familiarizarase tanto cos robots como coa linguaxe da robótica. Para este obradoiro non cómpre ter coñecementos en programación nin en electrónica previos, pois a electrónica está integrada nun ladrillo intelixente e a programación realízase nun contorno visual sinxelo para que ata os máis pequenos poidan construír e deseñar os seus robots dando paso, despois da montaxe, á parte de programación.
Ao tempo que se pretende que sintan a paixón pola aprendizaxe, os rapaces e rapazas participantes intégranse nun grupo no cal deben compartir obxectivos e realizar un traballo colaborativo para poder resolver os desafíos que se lles propón ao longo da experiencia. Ao remate do obradoiro, de dúas horas de duración, cada grupo terá acadado un número de puntos que lle permitirán optar aos premios do IX Concurso Galego de Robótica 2017.
Tanto a robótica como a programación introducíronse en Galicia como materias optativas desde este curso, polo que estas actuacións cobran máis sentido e maior interese pois xa poden ser consideradas curriculares. Así mesmo, o emprego dixital será en 2020 o maior nicho de emprego, tanto en Galicia como no resto de España e Europa.
O certame puxo de manifesto a grande implicación no concurso dos alumnos con menor motivación cara ao estudo, a importancia do equipo e non do individuo e a gran relevancia das competencias transversais nesta competición (traballo en equipo, negociación, liderado, competencia, etc.)
A Institución Galega da Ciencia (IGACIENCIA) vén promovendo e organizando esta actividade que se desenvolveu, en anos anteriores, coa colaboración dos Concellos respectivos, nas cidades de Lugo, Santiago, Burela e Lugo, de novo. É o sexto ano consecutivo que a Fundación Barrié acolle esta iniciativa, no marco de educaBarrié, o seu espazo de relación coa comunidade educativa que aglutina toda a oferta educativa, neste caso no eido da súa actividade de divulgación da ciencia. A Fundación esfórzase por achegar a ciencia aos escolares e fomentar novas vocacións científico-tecnolóxicas, cun programa de actividades ao longo do curso escolar, (www.fundacionbarrie.org) nunha nova mostra máis do sólido compromiso da Fundación Barrié coa investigación en Galicia.
A participación, seguindo a tónica habitual, segue a ser notable, de tal maneira que no primeiro día de inscrición cubríronse 53 prazas, e delas 48 fixérono na primeira hora de apertura da inscrición. Ver http://www.igaciencia.eu. IGACIENCIA é unha asociación entregada á difusión e promoción da Ciencia, sobre todo a nivel de primaria e secundaria. Entre as actividades que promove figuran os Obradoiros Concurso Galego de Robótica, o congreso de Software Libre para Educación, os Rallys de matemáticas e Ciencias a nivel internacional, exposicións propias de Arte e Ciencia e a publicación periódica das súas revistas Labirinto e Labirinto DixitalHYPERLINK "http://www.labirintos.eu/".
COLEXIOS PARTICIPANTES NA CORUÑA:
A Coruña |
Colexio Santo Domingo A Coruña |
IES A Cachada |
IES Arcebispo Xelmírez 2 |
IES Ortigueira |
CPR Franciscanos Coruña |
Peleteiro |
IES Castro da Uz |
IES Ramón Menéndez Pidal |
IES Ricardo Carballo Calero |
IES Isaac Díaz Pardo |
CPI Virxe da Cela |
IES Perdouro |
CPR Jesús Maestro |
IES San Rosendo |
IES Concepcion Arenal |
IES BREAMO |
IES Sofía Casanova |
IES Muralla Romana |
Colexio de Cervo |
CPR P. Santa Xoana de Lestonnac |
IES Fene |
IES nº1 Ribeira |
Colegio de Fomento Peñarredonda |
IES Francisco Asorey |
IES Agra do Orzán |
IES Fragas do Eume |
CEIP Recimil |
CPI San Sadurniño |
IES Illa de Sarón |
IES Marqués de Sargadelos |
CPI de Atios |
IES Moncho Valcarce |
IES Eusebio da Guarda |
IES Isaac Díaz Pardo |
IES Anxel Fole |
CPI de Castroverde |
IES A Pinguela |
RECURSOS DISPONIBLES
Imaxes