BUSCAR
Memoria Anual 2019
IDENTIDADE VISUAL CORPORATIVA
SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER
Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié
Subscribirse
CONTACTO DE PRENSA
Suzana Mihalic
Directora de Comunicación e Imaxe Corporativa
T. +34 981 060 091 / 659 459 030
smihalic@fbarrie.org
-
#SenLumes e #SenVandalismo son dúas iniciativas promovidas pola Fundación Barrié e a Asociación para a Prevención e a Educación Social (APES), para fomentar a conciencia social do alumnado en materia de prevención do vandalismo e os delitos forestais.
-
Desanvolveranse ao longo de tres meses, e contarán coa participación de alumnos e alumnas que cursan estudos de 5º de primaria e 2º de ESO no Colexio Divina Pastora de Ourense, o seu profesorado e familias.
-
O resultado será una campaña de sensibilización social sobre a prevención de negligencias que provocan incendios forestais, nun caso, e sobre os danos e riscos que carrexa o vandalismo, no outro.
-
A posta en marcha realizarase no Colexio Divina Pastora o luns día 19 de marzo ás 10.30 h (#SenVandalismo) e o martes día 20 ás 13.15h. (#SenLumes).

Ourense, 15 de marzo de 2018.- A asociación APES, co apoio da Fundación Barrié, pon en marcha o luns 19 de marzo dúas iniciativas enmarcadas dentro do proxecto “Investigadores Sociais”, destinadas a previr o vandalismo e a concienciar sobre os delitos forestais.
#Senlumes e #Senvandalismo, que se desenvolverán ao longo de tres meses, contarán coa participación de alumnos e alumnas que cursan estudos de 5º de primaria e 2º de ESO no Colexio Divina Pastora de Ourense, o seu profesorado e familias.
En ambas as iniciativas aplicarase a metodoloxía pedagóxica de aprendizaxe-servizo que permitirá a docentes e alumnado combinar, co currículo académico, toda a formación adquirida en materia de incendios forestais ou vandalismo ao mesmo tempo que se implican na realización dunha campaña de sensibilización social sobre a prevención de neglixencias que provocan incendios forestais, nun caso, e sobre os danos e riscos que carrexa o vandalismo, no outro.
Para iso, definírose tres fases: unha primeira de investigación da temática; unha segunda onde definirán e deseñarán unha acción social, e finalmente unha terceira fase na cal desenvolverán a acción social deseñada, que estará destinada a sensibilizar sobre a temática que investigaron.
Os materiais didácticos que se empregarán nas distintas fases de ambos os proxectos teñen como característica principal a adecuación ás idades do alumnado e ás materias académicas do curso, e están compostos por fichas de traballo para a aula, fichas para traballar coa familia na casa e material audiovisual elaborado expresamente para motivar os alumnos a acadar os retos formulados.
Así mesmo, utilizarase a plataforma dixital de aprendizaxe do centro educativo, como ferramenta para facilitar a comunicación entre docentes e alumnado e para fomentar a participación dos pais e nais nas iniciativas.
A posta en marcha dos proxectos realizarase no Colexio Divina Pastora (Rúa Cardenal Quevedo, 27, Ourense) o luns día 19 de marzo ás 10.30 h (#SenVandalismo) e o martes día 20 ás 13.15h. (#SenLumes).
APES - ASOCIACIÓN PARA A PREVENCIÓN E A EDUCACIÓN SOCIAL
APES traballa desde o ano 2008 para fomentar a prevención social desde 3 liñas de actuación: unha, centrada no deseño de proxectos socioeducativos que sirvan como ferramenta de prevención primaria, outra na atención e orientación a persoas desempregadas, para evitar que atravesen situacións de vulnerabilidade e por último no acompañamento nos procesos de cambio das persoas reclusas para previr a súa reincidencia no delito.
www.apesasociacion.org
FUNDACIÓN BARRIÉ
A Fundación Barrié apoia programas e actividades que procuran reducir riscos e potenciar medidas de protección para previr o desenvolvemento de situacións consideradas socialmente problemáticas, tratando con iso de eliminar as causas que as xeran a través de propostas educativas baseadas no coñecemento e na experiencia.
www.fundacionbarrie.org