BUSCAR
Memoria Anual 2022
IDENTIDADE VISUAL CORPORATIVA
SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER
Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié
Subscribirse
CONTACTO DE PRENSA
Suzana Mihalic
Directora de Comunicación e Imaxe Corporativa
T. +34 981 060 091 / 659 459 030
smihalic@fbarrie.org
A exposición "RAFAEL MONEO. Unha reflexión teórica desde a profesión. Materiais de arquivo (1961-2016)" estará no Museo Thyssen-Bornemisza ata o 11 de xuño de 2017
A Fundación Barrié presenta no Museo Thyssen-Bornemisza (Madrid) unha mostra retrospectiva da obra de Rafael Moneo. A exposición é unha coprodución da Fundación Barrié, o Estudio Rafael Moneo e o Museo Thyssen-Bornemisza.
A Fundación Barrié presenta en Madrid unha mostra retrospectiva da obra de Rafael Moneo. A exposición é unha coprodución da Fundación Barrié, o Estudio Rafael Moneo e o Museo Thyssen-Bornemisza.
Tras o seu paso por diversas sedes internacionais, chega ao Museo Thyssen-Bornemisza, do 4 de abril ao 11 de xuño de 2017, Rafael Moneo. Unha reflexión teórica desde a profesión. Materiais de arquivo (1961-2016), a primeira gran retrospectiva dedicada ao arquitecto español. Comisariada por Francisco González de Canales, profesor da Universidade de Sevilla e da Architectural Association de Londres, a exposición abrangue unha escolma de 121 debuxos, 19 maquetas e 152 fotografías dun total de 52 proxectos emblemáticos do arquitecto. Alén diso, coincidindo co 25 aniversario do Museo, a exposición conta cunha pequena mostra, comisariada polo arquitecto José Manuel Barbeito, que recolle a historia do Palacio Villahermosa desde mediados do século XVIII ata a súa transformación, en 1992, para se converter no Museo Thyssen-Bornemisza.
Para máis información (nota de prensa, lista de obras, imaxes) preme aquí.
Datas exposición: do 4 de abril ao 11 de xuño de 2017
RECURSOS DISPONIBLES
Imaxes