
Proxecto Polaroid
Proxecto Polaroid. Na intersección da arte e a tecnoloxía
Do 11 de marzo ata o 9 de xullo de 2023
A Fundación Barrié acolle, en primicia para España, a exposición Proxecto Polaroid: na intersección da arte e a tecnoloxía, da que son comisarios William Ewing, Barbara Hitchcock, Deborah G. Douglas, Rebekka Reuter e Gary Van Zante, da Foundation for the Exhibition of Photography e o MIT Museum.
A mostra comprende máis de 300 pezas, entre as que se conta material gráfico elaborado con toda a gama de papel e películas Polaroid e coas que se abrangue unha produción artística que vai desde a década de 1940 ata os nosos días. Prototipos, modelos, papel e películas experimentais, debuxos técnicos e material relacionado integrarán o lado técnico da exposición.
Algúns dos nomes representados son Ansel Adams, André Kertész, Sandi Fellman, Peter Beard, Dennis Hopper, George Silk, Richard Hamilton, Bill Eppridge, Shelby Lee Adams, Fazal Sheikh, Chuck Close, Philippe Halsman, Guy Bourdin, William Wegman, Edward Steichen, Andy Warhol ou Robert Mapplethorpe.
Crédito da imaxe: Oliviero Toscani. Andy Warhol, 1974 © Oliviero Toscani / Cortesía: Oliviero Toscani Studio
CONTIDOS RELACIONADOS