BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
DATA

Memoria Anual 2022

Memoria corporativa e edicións anteriores

SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse

CONTACTO DE PRENSA

Suzana Mihalic
Directora de Comunicación e Imaxe Corporativa


T. +34 981 060 091 / 659 459 030
smihalic@fbarrie.org


Estas actividades desenvólvense no marco do Programa Máis Social Conecta

17-03-2017

  • A Convocatoria 2017 de Máis Social CONECTA, dotada pola Fundación Barrié con 88.039 euros, contempla 10 axudas para o desenvolvemento da web corporativa de 10 entidades de acción social con domicilio en Galicia (federacións, confederacións, asociacións, fundacións, empresas de inserción laboral, centros especiais de emprego, etc.)
  • Máis Social CONECTA xorde no ano 2013 no marco do Programa Máis Social da Fundación Barrié, nun contexto no que moitas entidades do terceiro sector non teñen aínda páxina web ou, se a teñen, non achega as informacións que demandan os seus usuarios.
  • Máis Social CONECTA implántase co apoio da empresa EDISA, a cal desenvolveu un modelo web que axuda a mellorar a visibilidade e, con iso, as posibilidades de captación de fondos das entidades do terceiro sector.
  • O prazo de solicitude está aberto ata o 4 de abril, inclusive.
  • Grazas a esta iniciativa, ata a data, 27 entidades sociais contan cunha web.

A Coruña,  17 de marzo de 2017.- A Fundación Barrié abriu a Convocatoria 2017 de Máis Social CONECTA, consistente en 10 axudas para o desenvolvemento da web corporativa de 10 entidades de acción social galegas, utilizando para iso o modelo Máis Social CONECTA desenvolvido pola empresa EDISA.
 
Máis Social CONECTA responde ás necesidades web do terceiro sector independentemente da tipoloxía, dimensión ou estrutura de cada entidade. As novas páxinas potencian a utilidade pública das entidades, melloran a súa imaxe e transparencia de cara á sociedade e achegan ferramentas para a captación de fondos e de base social.
 
Dotación económica
 
A dotación para a convocatoria ascende a 88.039 euros que achegará a Fundación Barrié e que serán repartidos en 10 axudas de 8.803 euros cada unha. Cada axuda cobre o prezo íntegro (IVE incluído) dunha implantación estándar de Máis Social CONECTA nunha entidade do terceiro sector:
 

- Deseño, montaxe e instalación da nova WEB corporativa da entidade social a partir do modelo Máis Social CONECTA realizado en software libre.
- Asesoramento experto á entidade na elaboración dos seus contidos WEB.
- Formación específica, nas sedes da Fundación Barrié, na que se aprenderá aos profesionais da entidade a autoxestionaren a súa páxina.
- Difusión do novo portal en buscadores, redes sociais e contactos dentro e fóra do terceiro sector.

 
Entidades solicitantes
 
Pode presentarse a esta convocatoria calquera tipo de entidade privada de acción social (confederación, federación, asociación, fundación, empresas de inserción laboral, centros especiais de emprego, etc.) con domicilio social en Galicia e unha antigüidade mínima de 2 anos, que ademais conte co persoal que asuma o rol de coordinador do proxecto e os traballos derivados da implementación e formación WEB.
 
Prazo de solicitude aberto ata o 4 de abril
 
A solicitude pode tramitarse ata o 4 de abril de 2017 a través da web da Fundación Barrié  http://www.fundacionbarrie.org/conecta

MÁIS SOCIAL CONECTA

Xorde no ano 2013, como iniciativa da Fundación Barrié, nun contexto no que moitas entidades do terceiro sector non teñen aínda páxina web ou, se a teñen, non achega a información que demandan os seus usuarios e colaboradores (socios, doantes, voluntarios…) ou non ofrece opcións para iniciar esa colaboración e mantela no tempo.
 
Grazas a  esta iniciativa, ata a data,  27 entidades sociais contan cunha web.
 
Trátase dunha solución web destinada a cubrir a parte institucional, de comunicación e rendición de contas á que está supeditada calquera entidade do terceiro sector e a servir de ferramenta eficaz para a captación de base social (socios, doantes, colaboradores, etc.).
 
Máis Social CONECTA implántase co apoio da empresa EDISA, quen desenvolveu a aplicación, e dá soporte á entidade durante todo o proceso.
 
Máis información:
http://www.fundacionbarrie.org/conecta


HISTÓRICO DE PÁXINAS WEB MÁIS SOCIAL CONECTA 
(REALIZADAS OU EN DESENVOLVEMENTO)