Ciclo conferencias Francisco Calvo Serraller Fundación Amigos del Museo del Prado
VELÁZQUEZ
Ciclo de conferencias en colaboración coa Fundación Amigos del Museo del Prado
En 1999, co gallo do cuarto centenario do seu nacemento, a Fundación Amigos del Museo del Prado dedicoulle un dos seus cursos anuais a Velázquez e decidiu que as súas conferencias versasen arredor de obras concretas do pintor. Dúas décadas despois, convócase este, que se concibe como continuación e complemento do anterior. Con ese fin, volveuse convidar a moitos dos máis importantes especialistas no pintor e na súa época e pedíuselles que abordasen a figura de Velázquez dende unha ampla variedade de perspectivas. Da súa man asomarémonos aos episodios e escenarios fundamentais da súa biografía, á súa autoconciencia como cortesán, á súa clientela, ao contexto artístico e coleccionista en que desenvolveu a súa carreira, á relación que mantivo cos principais xéneros pictóricos ou aos recursos narrativos, compositivos e estilísticos que explican por que foi un dos artistas máis sobranceiros da súa época e dos que exerceron maior influencia nos últimos dous séculos e medio.
Máis de 350 anos despois da súa morte, o nome de Velázquez non só se asocia cun conxunto de obras prodixiosas ou cuns avatares biográficos que se van desvelando paseniño. Tamén se vencella a unha riquísima historia de reinterpretacións da súa arte e de diálogos por parte de escritores, artistas, filósofos e unha gran variedade de público. A historia de Velázquez é tamén a do tremendo efecto da súa obra xeración tras xeración; coñecela é vital para entender por que nos segue engaiolando.
Director: Javier Portús. Xefe de Conservación de Pintura Española ata 1800, Museo del Prado
CONTIDOS RELACIONADOS