BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
DATA

Memoria Anual 2023

Memoria corporativa e edicións anteriores

SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse

CONTACTO DE PRENSA

Suzana Mihalic
Directora de Comunicación e Imaxe Corporativa


T. +34 981 060 091 / 659 459 030
smihalic@fbarrie.org


A charla desenvólvese na Coruña no marco do Programa Rede Paraugas Alzheimer.

09-10-2017

  • 120 escolares de 1º e 2º de Bacharelato do IES Salvador de Madariaga, o CPR Plurilingüe Calasancias e o CPR Plurilingüe Escravas Sagrado Corazón de Xesús, da Coruña, participarán nesta charla, que terá lugar o luns, 9 de outubro, na sede da Fundación Barrié da Coruña.
  • O doutor Carlos Spuch, especialista en demencias do sector sociosanitario, explicará, dun xeito próximo e dinámico, que son as demencias, que parte do cerebro se ve afectada, por que se producen, que tipos de demencias existen e cales son as diferenzas entre elas.
  • Con posterioridade a esta charla realizarase en cada centro educativo participante unha sesión de sensibilización cun profesional da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e unha visita dun grupo de 10-22 alumnos de cada instituto a un centro de Alzheimer.  
  • Estas tres actividades forman parte de DIVULGAMENTE, un proxecto de sensibilización interxeracional dirixido a estudantes de centros educativos galegos de Vigo e A Coruña que ten como obxectivo amosar dun xeito próximo e dinámico que son as demencias, como afecta ao cerebro e os tipos que hai, achegando a realidade desta doenza que afecta en Galicia a preto de 100.000 persoas. 
  • A Fundación Barrié e a Federación Alzheimer Galicia impulsan este proxecto no marco do Programa Rede Paraugas Alzheimer. 

© Fundación Barrié

A Coruña, 6 de outubro de 2017.- 120 escolares de 1º e 2º de Bacharelato do IES Salvador de Madariaga, o CPR Plurilingüe Calasancias e o CPR Plurilingüe Escravas Sagrado Corazón de Xesús, da Coruña, asistirán o luns á charla “Coñecer mellor o Alzheimer”, impartida polo investigador Carlos Spuch, e organizada pola Fundación Barrié e a Federación Alzheimer Galicia no marco do Programa Rede Paraugas Alzheimer.
 
CHARLA “COÑECER MELLOR O ALZHEIMER”
   Data: 9 de outubro de 2017
   Horario: 10.30 h. – 12.30 h.
   Lugar: A Coruña (Fundación Barrié, Cantón Grande 9)
   Inscrición pechada