Scape

Na actualidade a seguridade é o verdadeiro reto para a implantación de solucións na nube. Este proxecto pretende ofrecer unha serie de solucións de privacidade en contornos de cloud computing mellorando a seguridade e evitando que esta dependa da confianza no provedor do servizo. Estas solucións van desde o desenvolvemento dun plugin para navegadores web que permite o encriptamento de textos compartidos na nube empregando GoogleDocs, ata o procesado de información no dominio encriptado pasando polo emprego da tecnoloxía dos criptoprocesadores. As solucións obtidas respectarán os principios básicos do paradigma Cloud: escalabilidade, flexibilidade e optimización de recursos e están orientadas á súa transferencia ao sector empresarial.

Na actualidade estanse a realizar demostradores para aplicacións como o procesado masivo de ADN e o voto electrónico, entre outras, para validar os desenvolvementos tecnolóxicos realizados e comezar coa comercialización dos resultados.