BUSCAR
Primeira edición dos International Zendal Awards
Mércores 27 de Novembro de 2019
Sede Vigo
Previa recollida da invitación
A Fundación Barrié acolle na súa sede de Vigo a cerimonia de entrega da Primeira edición dos International Zendal Awards convocada polo Grupo Zendal.
GENVIP (Genetics, Vaccines, Infecctions and Pediatrics Research Group), o grupo de investigación en pediatría enfocado ao estudo de enfermidades infecciosas e vacinas situado no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, é a candidatura gañadora da primeira edición dos International Zendal Awards. O Comité Científico que exerce de xurado seleccionou esta iniciativa por riba das once restantes polos avances que realizaron no coñecemento das bases xenéticas das infeccións pediátricas e a súa contribución ao desenvolvemento de estratexias individualizadas de prevención e tratamento.
O premio, que conta cunha dotación de 5.000 euros, recoñece o traballo daquela institución (pública ou privada), que desenvolva o seu labor no eido da saúde tanto humana como animal e que demostrase compromiso no ámbito das vacinas, a biotecnoloxía e a saúde. Durante a cerimonia de entrega que se celebrará o vindeiro 27 de novembro ás 19:00h na Fundación Barrié de Vigo, homenaxearase á prestixiosa científica, química e profesora da Universidade Complutense de Madrid, María Vallet-Regí, pioneira no eido dos materiais cerámicos aplicados á medicina e investigadora de nanocompoñentes co obxectivo de liberar axentes terapéuticos aos tecidos enfermos sen afectar os órganos sans.
ETIQUETADO EN: PREMIOS , GRUPO ZENDAL , PEDIATRÍA
PRÓXIMOS EVENTOS
CONFERENCIA DAVID GARCÍA CUETO
CONFERENCIA CARLOS REYERO
DEBATE ACADÉMICO TDAG
-  
-
Xoves 28 de Novembro de 2024
19:30 -
Mércores 04 de Decembro de 2024
19:30 -
Mércores 22 de Xaneiro de 2025
Venres 07 de Febreiro de 2025
18:00-20:00 -  
-  
-
-
-
-  
-
-
-
-