BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
ACTIVIDADE
LUGAR
DATA

CALENDARIO

A actividade da Fundación Barrié a mes ou semana vista


SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse


Xornada de divulgación científica “Cancro e avellentamento: A túa pel quere ciencia”

Venres 30 de Decembro de 2016
10:00-13:00

Sede A Coruña

Ata completar aforo

Aberto ao público

A Fundación Barrié e o Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC) en colaboración coa AECC organizan a xornada de divulgación científica “Cancro e avellentamento: A túa pel quere ciencia” na sede da Fundación Barrié da Coruña.

A xornada pretende dar a coñecer á sociedade os últimos avances no tratamento do melanoma, en procesos de avellentamento e o efecto da cosmética na pel.

O encontro dividirase en 2 charlas; “O sol, a pel, as engurras e o cancro” impartida por Marisol Soengas (10.00 - 11.45), e “Cosmética: ciencia ou ficción” (11.45-12.45) por Deborah García Bello. Ao final de cada charla abrirase unha quenda de preguntas para que os asistentes poidan solucionar calquera dúbida coas relatoras da sesión.
 
Marisol Soengas iniciou a súa carreira científica na Universidade da Coruña. Realizou a súa tese de doutoramento no grupo de Margarita Salas no Centro de Bioloxía Molecular Severo Ochoa en Madrid. Despois de realizar unha estadía postdoutoral no prestixioso centro de investigación Cold Spring Harbor Laboratory en Nova York, estableceu o seu grupo de investigación na Universidade de Míchigan (EEUU). No ano 2008 decidiu volver a España onde se incorporou ao CNIO. Desde entón conta co apoio e financiamento de axencias nacionais e internacionais. A Dra. Soengas coordina e lidera proxectos de investigación nacionais e internacionais entre os que salienta a Axuda para Grupos Colaborativos da AECC co obxectivo de identificar factores de risco do desenvolvemento de melanoma, visualizar o desenvolvemento de metástases e validar novos tratamentos antitumorais. Os seus traballos de investigación foron publicados nas revistas de maior impacto científico tales como NatureSciencePNAS ou Cancer Research. Na súa traxectoria destacan múltiples premios internacionais e a creación da empresa Bioncotech Therapeutics para o desenvolvemento de novas terapias anticanceríxenas para tumores de mal pronóstico, que actualmente ten en marcha ensaios clínicos.
 
Deborah García Bello é doutora en química pola Universidade da Coruña, escritora e divulgadora científica. Recibiu varios premios nacionais entre os que destacan o Premio Bitácoras e o Premio Tesla de Divulgación Científica. Deborah García é unha divulgadora científica referente a nivel nacional. É a autora do libro Todo es cuestión de química. Presentou varias charlas e estudos sobre os compoñentes que forman parte dos cosméticos e o seu efecto na pel. 
  
Para máis información clica neste enlace da Xornada de Divulgación Científica.  





PRÓXIMOS EVENTOS