BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
ACTIVIDADE
LUGAR
DATA

CALENDARIO

A actividade da Fundación Barrié a mes ou semana vista


SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse


Xornada "O futuro das cidades portuarias"

Venres 05 de Outubro de 2018

Sede A Coruña

Ata completar aforo

Aberto ao público

A Fundación Barrié acolle no auditorio da súa sede da Coruña a xornada "O futuro das cidades portuarias", organizada polo Observatorio do Litoral da Universidade da Coruña, coa colaboración do Concello da Coruña, a Diputación da Coruña, a Cátedra de Dereito Local e a Fundación Barrié.

A aceleración nas transformacións das nosas sociedades e da súa contorna, expoñen importantes retos que é preciso abordar con acougo e cun amplo debate entre axentes implicados. No caso particular das cidades portuarias, as relacións entre o porto e a cidade han de orientarse a enriquecerse mutuamente e abrir paso ás aspiracións cidadás cara a un desenvolvemento sustentable, social, económico e ambiental. Os desafíos do cambio climático, a emerxencia dunha “economía azul”, os avances das “sociedade do coñecemento”…, están a pór de manifesto a necesidade dunha nova gobernanza “porto/cidade”, baseada nunha intensa colaboración entre todas as institucións públicas e privadas.
Con esta Xornada sobre o “Futuro das Cidades Portuarias”, o Observatorio do Litoral da Universidade da Coruña pretende colaborar ao debate, sereno e informado, dos referidos retos que teñen por diante as cidades que están situadas ao redor de espazos portuarios e os portos que se desenvolven en estreita relación cos ámbitos urbanos.

 A asistencia é de balde. Para quen o desexe, poderase certificar a asistencia previa solicitude no lugar e o día da celebración da xornada.

PROGRAMA

Sesión de mañá

10.00-10.30  Apertura institucional e presentación

10.30-11.30  Primeira conferencia

“Waterfronts” e cidades portuarias en transformación
 Rinio Bruttomesso, presidente da Asociación para la Colaboración entre Puertos y Ciudades (RETE), arquitecto e ex-profesor de Urbanismo da Facultade de Arquitectura da Universidade IUA V de Venecia (Italia).

11.30-12.00  Pausa

12.00-13.00  Segunda Conferencia

Unha nova xeración de proxectos de relación Porto-Cidade
Joan Alemany, co-director da revista Portus, doutor en Ciencias Económicas

13.00-14.00 Primeira Mesa Redonda

Ordenación portuaria. Leccións aprendidas
Moderador: Enrique Peña González
Emilio Brogueira Dias, ex-presidente da Administración de Portos do Douro e Leixões (Portugal). Enxeñeiro civil e ex-profesor de Obras Marítimas e Fluviais no Instituto Superior de Enxeñaría de Porto (Portugal)
Marta Lora-Tamayo Vallvé, profesora titular de Dereito Administrativo da Universidade Nacional a Distancia (UNED)
Marta García Pérez, directora da Asesoría Xurídica do Concello da Coruña, doutora en Dereito e profesora titular (Acreditada Catedrática) de Dereito Administrativo da Universidade da Coruña.

Sesión de tarde

16.00-17.00 Terceira conferencia

Relacións estratéxicas coas metrópoles portuarias: cando o impacto portuario vai máis aló da cidade
Pedro Arellano Gil, adxunto á Dirección Xeral do Porto de Barcelona. MBA por ESADE, PGD por IESE e licenciado en Ciencias do Traballo

17.00-18.00 Cuarta conferencia

Renovación urbana e turismo na integración Porto-Cidade
Pedro Marin Cots, xefe do Servizo de Programas Europeos – Observatorio de Medio Ambiente Urbano-OMAU, Concello de Málaga. Doutor en Economía especializado na planificación urbana e medio ambiente.

18.00-18.30  Pausa

18.30-19.45  Segunda Mesa redonda
Interacción Porto-Cidade: alianzas estratéxicas
Moderador: F.J. Sanz Larruga
Fernando González Laxe, catedrático de Economía Aplicada da Universidade da Coruña, ex-presidente de Puertos del Estado.
Isabel Pont I Castejón, profesora titular de Dereito Administrativo da Universidade Autónoma de Barcelona, ex-asesora xurídica do Porto de Barcelona.
Xiao Varela Gómez, concelleiro de Rexeneración Urbana e Vivenda do Concello da Coruña, Arquitecto.

19.45  Peche da Xornada



ETIQUETADO EN: PORTOS  ,  CIDADES  ,  XORNADAS  ,  CHARLAS

PRÓXIMOS EVENTOS

  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •