BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
ACTIVIDADE
LUGAR
DATA

CALENDARIO

A actividade da Fundación Barrié a mes ou semana vista


SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse


VI Conferencia Xeral da Asociación Española de Fundacións

Mércores 23 de Novembro de 2016
09:45-18:00

Sede A Coruña

Ata completar aforo

Require inscrición

Enlace aquí

En novembro de 2016 a Fundación Barrié celebra o seu 50 aniversario, acollendo a VI Conferencia Xeral da Asociación Española de Fundacións (AEF), o 23 de novembro. Co apoio da Fundación Barrié, a AEF está a preparar un día de encontro e reflexión para todas as fundacións. A conferencia principal será impartida por Bradford K. Smith, presidente de The Foundation Center (EE.UU).

A Conferencia Xeral é unha boa ocasión para que os directivos das fundacións establezan, fortalezan e amplíen relacións persoais e institucionais; intercambien experiencias; e exploren posibilidades de colaboración. Tamén é unha oportunidade para que as fundacións, coa súa presenza e participación, trasladen á sociedade española un testemuño expresivo do amplo e intenso labor en actividades de interese xeral que, como sector, están a levar a cabo.

O programa da Conferencia Xeral complementarase cun concerto na Catedral de Santiago o mesmo 23 de novembro.

Os avances na organización deste evento, o máis importante do sector a nivel nacional, serán publicados nesta web.

Como principal novidade a respecto do formato de anteriores edicións, destaca a celebración da I Xornada Internacional de Comunicación e Filantropía que terá lugar o 24 de novembro coa participación de salientables profesionais de fundacións do ámbito nacional e internacional. PROGRAMA PROVISIONAL.

Grazas á colaboración da Fundación Barrié, a Conferencia Xeral será con entrada gratuíta previa inscrición. INSCRICIÓN
 

PROGRAMA (con tradución simultánea e intérprete de lingua de signos)

10.00 h. - 10.30 h. Inauguración
 
10.30 h. – 11.30 h. Conferencia e debate
 O MUNDO QUE NOS ESPERA
 Alfons Cornella. Fundador e Presidente Infonomía
 
11.30 h. – 12.15 h. Pausa café
 
12.15 h. – 13.00 h.
ENTREGA DE PREMIOS AEF CON INTERVENCIÓNS DOS GALARDOADOS
Categoría "Iniciativa Filantrópica": Guillaume Renault
Categoría "Colaboración": Fundación Mutua Madrileña en colaboración coa Asociación de Talleres de Madrid (ASETRA) e a Fundación Exit.
Categoría "Innovación"Fundación Amigó.
Interpretación musical a cargo de Fernando Buide del Real, compositor, pianista e organista; é doutor pola Universidade de Yale e antigo bolseiro da Fundación Barrié o cal interpretará a composición de seu Tres Preludios.
 
13.00 h. – 13.45 h. Conferencia
BIG DATA E TRANSPARENCIA AO SERVIZO DUNHA MELLOR FILANTROPÍA
 
14.00 h. – 16.00 h. Xantar de Networking
 
16.00 h. – 17.00 h. Mesa redonda e debate
O MUNDO QUE NON NOS ESPERA
Ángel Carracedo ÁlvarezCatedrático de Medicina Legal; director do Grupo de Medicina Xenómica da Universidade de Santiago e Premio Nacional de Xenética.
Alberto DuránVicepresidente Executivo da Fundación Once e Vicepresidente da AEF.
Modera: Ana Millán Chapado. Directora da Fundación Accenture e Vicepresidenta da Asociación Española de Fundacións.

17.00 h. – 18.00 h. Mesa redonda e debate
EXPERIENCIAS INNOVADORAS
Ainara ZubillagaDirectora de Educación e Formación, Fundación COTEC
María Isabel PérezDirectora de Acción Social, Fundación Barrié
Maribel Ramos Vergeles. Directora da Unidade de Desenvolvemento Estratéxico, RAIS Fundación
David Cabo. Director Fundación Civio
Modera: Clara NavarroCo-fundadora, Fundación Ship2B
 
19.00 h. Saída desde a Fundación Barrié cara a Santiago de Compostela
VISITA AO PÓRTICO DA GLORIA
CONCERTO NA CATEDRAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA






ETIQUETADO EN: CONFERENCIA  ,  FUNDACIONES  ,  FILANTROPÍA  ,  TERCER SECTOR

PRÓXIMOS EVENTOS