BUSCAR
VI Conferencia Xeral da Asociación Española de Fundacións
Mércores 23 de Novembro de 2016
09:45-18:00
Sede A Coruña
Ata completar aforo
Require inscrición Enlace aquí
En novembro de 2016 a Fundación Barrié celebra o seu 50 aniversario, acollendo a VI Conferencia Xeral da Asociación Española de Fundacións (AEF), o 23 de novembro. Co apoio da Fundación Barrié, a AEF está a preparar un día de encontro e reflexión para todas as fundacións. A conferencia principal será impartida por Bradford K. Smith, presidente de The Foundation Center (EE.UU).
A Conferencia Xeral é unha boa ocasión para que os directivos das fundacións establezan, fortalezan e amplíen relacións persoais e institucionais; intercambien experiencias; e exploren posibilidades de colaboración. Tamén é unha oportunidade para que as fundacións, coa súa presenza e participación, trasladen á sociedade española un testemuño expresivo do amplo e intenso labor en actividades de interese xeral que, como sector, están a levar a cabo.
O programa da Conferencia Xeral complementarase cun concerto na Catedral de Santiago o mesmo 23 de novembro.
Os avances na organización deste evento, o máis importante do sector a nivel nacional, serán publicados nesta web.
Como principal novidade a respecto do formato de anteriores edicións, destaca a celebración da I Xornada Internacional de Comunicación e Filantropía que terá lugar o 24 de novembro coa participación de salientables profesionais de fundacións do ámbito nacional e internacional. PROGRAMA PROVISIONAL.
Grazas á colaboración da Fundación Barrié, a Conferencia Xeral será con entrada gratuíta previa inscrición. INSCRICIÓN
PROGRAMA (con tradución simultánea e intérprete de lingua de signos)
Interpretación musical a cargo de Fernando Buide del Real, compositor, pianista e organista; é doutor pola Universidade de Yale e antigo bolseiro da Fundación Barrié o cal interpretará a composición de seu Tres Preludios.
17.00 h. – 18.00 h. Mesa redonda e debate
María Isabel Pérez. Directora de Acción Social, Fundación Barrié
Maribel Ramos Vergeles. Directora da Unidade de Desenvolvemento Estratéxico, RAIS Fundación
David Cabo. Director Fundación Civio
Modera: Clara Navarro. Co-fundadora, Fundación Ship2B
ETIQUETADO EN: CONFERENCIA , FUNDACIONES , FILANTROPÍA , TERCER SECTOR
PRÓXIMOS EVENTOS
CONFERENCIA DAVID GARCÍA CUETO
CONFERENCIA CARLOS REYERO
DEBATE ACADÉMICO TDAG
-  
-
Xoves 28 de Novembro de 2024
19:30 -
Mércores 04 de Decembro de 2024
19:30 -
Mércores 22 de Xaneiro de 2025
Venres 07 de Febreiro de 2025
18:00-20:00 -  
-  
-
-
-
-  
-
-
-
-