DIVULGAMENTE

Divulgamente- Talleres didácticos no marco do Programa Rede Paraugas Alzhéimer

Plazo de preinscrición: pechado

Proxecto de sensibilización interxeneracional, impulsado pola Fundación Barrié e a Federación Alzhéimer Galicia, que ten como obxectivo mostrar dunha maneira próxima e dinámica que é o alzhéimer, como afecta ao cerebro e as diferentes demencias existentes, achegando aos mais novos a realidade desta doenza que afecta en Galicia a preto de 70.000 persoas.
 
A quen se dirixe
A estudantes de Bacharelato e de FP da rama sociosanitaria das localidades de Vigo, Ferrol e Carballo. 
 
Actividades incluídas en cada taller
 

1ª Charla divulgativa presencial “Coñecer mellor o Alzhéimer” en formato diálogo/mesa redonda na que participará o Dr. Carlos Spuch, investigador en demencias, unha persona afectada por deterioro cognitivo leve e/ou unha persona coidadora. Estas charlas terán lugar en Vigo, Ferrol e Carballo.

2ª Xornada de sensibilización na aula na que profesionais da asociación de referencia na localidade acompañados por unha persoa coidadora dun familiar afectado por demencia, acuden ao centro educativo a explicar as actividades, terapias e protocolos que se realizan desde as asociacións para retrasar o avance da enfermidade e mellorar a calidade de vida das persoas con alzhéimer e as súas familias.
 
3ª Na última actividade, o alumnado fará unha visita a un centro de día de alzhéimer que lles permitirá ver e coñecer un centro especializado en demencias e as actividades que se realizan no mesmo, sendo partícipes das mesmas durante a visita.
 
 
A selección dos centros educativos participantes nos talleres realizarase por orden de inscrición a través de formulario habilitado nesta páxina. No caso de que o número de solicitudes supere ao número de prazas dispoñibles, estas seleccionaranse conforme ao criterio da Federación Alzhéimer Galicia.

Máis de 5.800 alumnos participaron nestes talleres de sensibilización interxerenacional desde a súa posta en marcha no 2013.

Datas da actividade: outubro 2025 a decembro 2026.
Actividade gratuita: prazas limitadas.
Participación: grupos escolares solicitados polo centro educativo.
Preinscrición: a través de formulario.
Prazo de preinscrición: pechado.
Comunicación aos centros seleccionados: a través de correo electrónico
 

CONTIDOS RELACIONADOS