DIVULGAMENTE
Divulgamente- Talleres didácticos no marco do Programa Rede Paraugas Alzhéimer
Plazo de preinscrición: pechado
A Fundación Barrié, en colaboración coa Federación Alzhéimer Galicia, (FAGAL), organiza Divulgamente, un proxecto de sensibilización intergeneracional que achega ao alumnado á realidade do alzhéimer e outras demencias desde a voz de quen mellor coñecen esta enfermidade: as persoas afectadas, as súas familias, os profesionais sociosanitarios e os especialistas que as acompañan.
A través dun enfoque cercano e dinámico, Divulgamente permite comprender que son estas enfermidades, como afectan ao cerebro e á vida das persoas, favorecendo unha mirada máis empática, conscente e comprometida ante unha realidade que afecta en Galicia a preto de 70.500 persoas.
A quen se dirixe
A estudantes de Bacharelato e de FP da rama sociosanitaria das localidades de A Coruña, Ourense e Vilagarcía de Arousa.
Actividades incluídas en cada taller
2ª Xornada de sensibilización na aula na que profesionais da asociación de referencia na localidade acompañados por unha persoa coidadora dun familiar afectado por demencia, acuden ao centro educativo a explicar as actividades, terapias e protocolos que se realizan desde as asociacións para retrasar o avance da enfermidade e mellorar a calidade de vida das persoas con alzhéimer e as súas familias.
3ª Na última actividade, o alumnado fará unha visita a un centro de día de alzhéimer que lles permitirá ver e coñecer un centro especializado en demencias e as actividades que se realizan no mesmo, sendo partícipes das mesmas durante a visita.
Máis de 6.200 alumnos participaron nestes talleres de sensibilización interxerenacional desde a súa posta en marcha no 2013.
Datas da actividade: outubro 2026 a decembro 2026.
Actividade gratuita: prazas limitadas.
Participación: grupos escolares solicitados polo centro educativo.
Preinscrición: a través de formulario.
Prazo de preinscrición: desde o 4 de setembro.
Comunicación aos centros seleccionados: a través de correo electrónico
CONTIDOS RELACIONADOS

Pechar