Sorolla. Tierra adentro

Sorolla. Tierra adentro

Do 4 de novembro de 2016 ao 12 de marzo de 2017, sede A Coruña

Desde o 4 de novembro de 2016 ata o 12 de marzo de 2017, a Fundación Barrié acollerá, na súa sede da Coruña, a exposición Sorolla. Tierra adentro. A exposición, composta por 67 pinturas, todas elas pertencentes á colección Museo Sorolla e á Fundación Museo Sorolla, presentarase na Fundación Barrié coincidindo co seu 50 aniversario. A exposición aborda a pintura de paisaxe de Sorolla, que abandona de xeito momentáneo as praias do Mediterráneo para percorrer “terra adentro” o campo das diferentes rexións do noso país.
 
A exposición foi producida polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e a Fundación Museo Sorolla coa colaboración da Fundación Barrié. O acto de inauguración verase complementado por unha conferencia sobre o mestre valenciano a cargo de Consuelo Luca de Tena, directora del Museo Sorolla.
 
Grazas ao convenio asinado co gallo desta exposición, a Fundación Barrié colaborará no programa de catalogación do fondo de fotografía antiga do Museo Sorolla (con máis de 6000 fotografías) que desenvolverá a Fundación Museo Sorolla.

CATÁLOGO

VISITA VIRTUAL

GALERÍA DE IMAXES

  • Exposición "Sorolla. Tierra adentro"

    Fundación Barrié

  • Exposición "Sorolla. Tierra adentro"

    Fundación Barrié

  • Exposición "Sorolla. Tierra adentro"

    Fundación Barrié

  • Exposición "Sorolla. Tierra adentro"

    Fundación Barrié

  • Exposición "Sorolla. Tierra adentro"

    Fundación Barrié

  • Exposición "Sorolla. Tierra adentro"

    Fundación Barrié

  • Exposición "Sorolla. Tierra adentro"

    Fundación Barrié

  • Exposición "Sorolla. Tierra adentro"

    Fundación Barrié

  • Exposición "Sorolla. Tierra adentro"

    Fundación Barrié

  • Exposición "Sorolla. Tierra adentro"

    Fundación Barrié

VIDEO

Rolda de prensa exposición "Sorolla. Tierra adentro"

Fundación Barrié

CONTIDOS RELACIONADOS