BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
ACTIVIDADE
LUGAR
DATA

CALENDARIO

A actividade da Fundación Barrié a mes ou semana vista


SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse


SCIENCE XPRESSION 2017

Luns 25 de Setembro de 2017
Venres 29 de Setembro de 2017

28 de setembro 2017 - 9:30h - 17:00h. Centro de Investigaciones Científicas Avanzadas, CICA. As Carballeiras, s/n, Campus de Elviña. A Coruña.

Sede A Coruña


Require inscrición

Enlace aquí

A Fundación Barrié acolle Science Xpression, un programa de workshops dirixidos a licenciados, doutorandos e postdoutorais, organizado por INIBIC.

Estes workshops teñen como obxectivo mellorar as capacidades de comunicación oral e escrita no ámbito científico e en calquera área de investigación. 
 
Nesta quinta edición os workshops serán impartidos en Santiago de Compostela (CIMUS, USC) do 25 ao 27 de setembro polo Dr. Mathieu Vinken (ERC-Starting Grant. The Vrije Universiteit Brussel-Belgium) e na Coruña polo Dr. Christian Naus (The University of British Columbia, Vancouver, Canada). No caso da Coruña, devandito workshop terá lugar na Fundación Barrié do 25 ao 27 de setembro. Ademais os participantes terán que asistir ás sesións de conferencias e simposio que se realizarán os días 28 e 29 de setembro na Coruña.
 
Durante o simposio os participantes do workshop darán unha charla de 5 minutos e concederanse dous premios de 100 Euros ás dúas mellores charlas impartidas.
 
O workshop é de asistencia gratuíta previa inscrición:
 
(http://www.fundacionbarrie.org/formulario-inscripcion-sciencie-xpression-2017)
 
 
Asistencia público xeral: A asistencia ás conferencias e charlas impartidas durante a sesión de conferencias (28 de setembro) e simposio (29 de setembro) son de asistencia libre. Non se necesita inscrición.
 
Concederanse axudas para cubrir os gastos de desprazamento daqueles investigadores novos que participen e acrediten asistencia a todas as sesións, incluídas as sesións do 28 e 29 impartidas na Coruña.
 
Emitirase certificado de asistencia.
 
Nota: As conferencias impartidas durante o 28 de setembro están relacionadas co campo da comunicación celular e patoloxías relacionadas con alteracións na función das conexinas e panexinas, o que inclúe enfermidades cardiovasculares, neurodexenerativas, enfermidades da pel, artrose, rexeneración e reparación tisular, enfermidades hepáticas, ou diferentes tipos de cancro entre outras. O resto do curso ou workshop é de ámbito xeral. Os participantes poden provir do campo da biomedicina, física, bioloxía molecular, química, psicoloxía, matemáticas, microbioloxía ou calquera outra disciplina relacionada con traballos de investigación.
 
LISTA DE WORKSHOPS
 
  -  Science Xpression Seminars A Coruña
Do 25 ao 27 de setembro de 2017 - 16:00h - 20:00h. Fundación Barrié A Coruña (Cantón Grande, 9. A Coruña)
(Inscrición)
 
  -  Science Xpression Seminars Santiago de Compostela
Do 25 ao 27 de setembro de 2017 - 16:00h - 20:00h. Salón de Actos do CIMUS (Avda. Barcelona s/n. Santiago de Compostela)
(http://www.fundacionbarrie.org/formulario-inscripcion-sciencie-xpression-2017)
 
-  Conferences A Coruña
 
PROGRAMA. Ver páxina web: http://www.gapjunctionconference2017.com
 
28 de setembro 2017 - 9:30h - 17:00h. Centro de Investigacións Científicas Avanzadas, CICA. As Carballeiras, s/n, Campus de Elviña. A Coruña. Pendente de confirmación.
(Non precisa inscrición)
 
- Symposium Presentation awards A Coruña
29 de setembro de 2017 - 10:00h - 13:00h. Sede Fundación Barrié A Coruña (Cantón Grande, 9. A Coruña).
(Non precisa inscrición)





ETIQUETADO EN: WORKSHOPS  ,  INIBIC

PRÓXIMOS EVENTOS