BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
DATA

Memoria Anual 2022

Memoria corporativa e edicións anteriores

SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse

CONTACTO DE PRENSA

Suzana Mihalic
Directora de Comunicación e Imaxe Corporativa


T. +34 981 060 091 / 659 459 030
smihalic@fbarrie.org


A Fundación Barrié outorga bolsas a 10 estudantes para a realización de estudos de Mestrado en centros académicos de todo o mundo

19-06-2020

  • A Fundación Barrié fixo pública hoxe a resolución da súa XXXI edición do Programa de Bolsas de Posgrao no Estranxeiro correspondente ao curso académico 2020-2021.
  • As 10 bolsas para a realización de estudos de Mestrado reflicten o compromiso da Fundación Barrié pola educación e capacitación do activo máis valioso de Galicia: as persoas.
  • O Programa de Bolsas de Posgrao no Estranxeiro é unha das contribucións máis notables da Fundación Barrié á comunidade, con 704 bolsas concedidas desde 1990 e cun investimento acumulado de máis de 43 millóns de euros.

© Fundación Barrié

A Coruña, 19 de xuño, 2020.- A Fundación Barrié fico pública hoxe a resolución da súa XXXI edición do Programa de Bolsas de Posgrao no Estranxeiro para a realización de estudos de Mestrado en centros académicos de todo o mundo, nun amplo abano de especialidades de interese e impacto para Galicia. A entrega de credenciais aos 10 novos bolseiros, universitarios galegos ou vinculados con Galicia, terá lugar o 3 de xullo na Fundación Barrié na Coruña.
 
As convocatorias anuais de Bolsas de Posgrao no Estranxeiro son un Programa de referencia da Fundación Barrié, que acada a súa XXXI convocatoria coa concesión de 704 bolsas desde 1990 e cun investimento acumulado de máis de 43 millóns de euros. O Programa reflicte o compromiso da Fundación Barrié pola educación e capacitación do activo máis valioso de Galicia: as persoas.
 
Lanzado en 1990, o Programa persegue un triplo obxectivo:
 

  • facilitar el acceso ao coñecemento das mellores técnicas, métodos e procedementos;
  • proporcionar experiencias vitais nun ámbito internacional e multicultural; e
  • contribuír ao desenvolvemento de vínculos académicos, sociais, profesionais e culturais de titulados universitarios vinculados a Galicia.
 
O Programa de Bolsas de Posgrao no Estranxeiro da Fundación Barrié, dirixido a graduados universitarios, licenciados ou titulados superiores, é un dos Programas de Bolsas de Excelencia máis destacado a nivel nacional e internacional.
 
 
10 bolsas para a realización de estudos de Mestrado
 
Na convocatoria de 2020 concedéronse bolsas a candidatos das áreas do coñecemento a seguir: Enxeñaría e Matemáticas (1); as Ciencias Sociais e xurídicas (2); as Ciencias Experimentais (2); as Ciencias da Vida, Médicas e da Saúde (3) e Arte e Humanidades (1). A media académica dos estudos de grao dos bolseiros é 8,81 sobre 10.
 
6 dos novos bolseiros cursaron os seus estudos universitarios en Galicia, dos cales 5 proceden da Universidade de Santiago de Compostela e 1 da Universidade de Vigo. 3 bolseiros cursaron os seus estudos en Madrid (Universidade Politécnica e Universidade Carlos III) e 1 bolseiro cursou os seus estudos en Barcelona (Universidade Politécnica de Catalunya.
 
En canto ao destino, o Reino Unido (6) consolídase como o país de preferencia, seguido polos Estados Unidos (3) e Países Baixos (1). Realizarán os seus estudos en centros de referencia como Stanford University (1), New York University (1) e University of California at Berkeley: Haas (1) nos Estados Unidos; University of Edinburgh (2), University of Cambridge (1), Queen Mary University of London (1), The Imperial College of Science, Technology and Medicine (1) e The University College London (1) no Reino Unido y en Maastricht University (1) nos Países Baixos.
 
A media de idade dos bolseiros nesta convocatoria é de 24 anos. Todos os bolseiros naceron en Galicia: A Coruña (4); Santiago de Compostela (1); Vigo (2); Lugo (1); Monforte de Lemos (1) e Ourense (1).
 
A ASOCIACIÓN DE BOLSEIROS DA FUNDACIÓN BARRIÉ
    

A Fundación Barrié conta cunha activa Asociación de Bolseiros, creada en 1996, que ten preto dun milleiro de integrantes, todos beneficiarios dos programas de bolsas para investigación, estudos universitarios ou ampliación de estudos universitarios en España ou no estranxeiro. A Asociación desenvolve actividades encamiñadas a facilitar aos seus asociados o contacto con institucións profesionais e académicas de ámbito galego, nacional e internacional e sempre a manter e alimentar o vínculo da Fundación cos seus bolseiros.
Neste senso, serve de vehículo para canalizar as actividades daqueles bolseiros que queiran pór ao servizo de Galicia e, en particular da Fundación, os seus coñecementos e experiencia, para que a formación adquirida durante o transcorrer dos seus estudos e investigacións transcenda o ámbito da mellora persoal e reverta no avance da sociedade galega. (http://becarios.fundacionbarrie.org)
 

RECURSOS DISPONIBLES