BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
DATA

Memoria Anual 2022

Memoria corporativa e edicións anteriores

SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse

CONTACTO DE PRENSA

Suzana Mihalic
Directora de Comunicación e Imaxe Corporativa


T. +34 981 060 091 / 659 459 030
smihalic@fbarrie.org


A Fundación Barrié outorga bolsas a 10 mozos para a realización de estudos de mestrado en centros académicos de todo o mundo

29-04-2021

  • A Fundación Barrié fixo pública hoxe a resolución da súa XXXII edición do Programa de Bolsas de Posgrao no Estranxeiro correspondente ao curso académico 2021-2022.
  • As 10 bolsas para a realización de estudos de mestrado reflicten o compromiso da Fundación Barrié coa educación e capacitación do activo máis valioso de Galicia: as persoas.
  • O Programa de Bolsas de Posgrao no Estranxeiro é unha das achegas máis salientables da Fundación Barrié á comunidade, con 714 bolsas concedidas desde 1990 e cun investimento acumulado de máis de 44 millóns de euros.

© Fundación Barrié

RESOLUCIÓN DA XXXII EDICIÓN DO PROGRAMA DE BOLSAS DE POSGRAO NO ESTRANXEIRO 2021
 
 
A Fundación Barrié outorga bolsas a 10 mozos para a realización de estudos de mestrado en centros académicos de todo o mundo
 
 

  • A Fundación Barrié fixo pública hoxe a resolución da súa XXXII edición do Programa de Bolsas de Posgrao no Estranxeiro correspondente ao curso académico 2021-2022.
  • As 10 bolsas para a realización de estudos de mestrado reflicten o compromiso da Fundación Barrié coa educación e capacitación do activo máis valioso de Galicia: as persoas.
  • O Programa de Bolsas de Posgrao no Estranxeiro é unha das achegas máis salientables da Fundación Barrié á comunidade, con 714 bolsas concedidas desde 1990 e cun investimento acumulado de máis de 44 millóns de euros.
 
A Coruña, 30 de abril, 2021.- A Fundación Barrié fixo pública hoxe a resolución da súa XXXII edición do Programa de Bolsas de Posgrao no Estranxeiro para a realización de estudos de mestrado en centros académicos de todo o mundo, nun amplo abano de especialidades de interese e impacto para Galicia. A entrega de credenciais aos 10 novos bolseiros, universitarios galegos ou vinculados con Galicia, terá lugar o 18 de xuño na Fundación Barrié na Coruña.
 
As convocatorias anuais de Bolsas de Posgrao no Estranxeiro son un programa de referencia da Fundación Barrié, que acada a súa XXXII convocatoria coa concesión de 714 bolsas desde 1990 e cun investimento acumulado de máis de 44 millóns de euros. O Programa reflicte o compromiso da Fundación Barrié coa educación e capacitación do activo máis valioso de Galicia: as persoas.
 
O Programa, posto en marcha en 1990, persegue un obxectivo triplo:
 
  • facilitar o acceso ao coñecemento das mellores técnicas, métodos e procedementos;
  • proporcionar experiencias vitais nun contexto internacional e multicultural; e
  • contribuír ao desenvolvemento de ligazóns académicas, sociais, profesionais e culturais de titulados universitarios vinculados a Galicia.
 
O Programa de Bolsas de Posgrao no Estranxeiro da Fundación Barrié, dirixido a graduados universitarios, licenciados ou titulados superiores, é un dos programas de bolsas de excelencia máis destacado no eido nacional e internacional.
 
As solicitudes deben superar unha primeira fase de preselección e aquelas que reciben as mellores valoracións son convocadas a unha entrevista persoal perante un tribunal multidisciplinar integrado por expertos externos do mundo académico e empresarial, algúns deles bolseiros de anteriores edicións do Programa.
 
 
10 bolsas para a realización de estudos de mestrado
 
Na convocatoria de 2021 concedéronse 10 bolsas a candidatos das seguintes áreas do coñecemento: Ciencias Experimentais (3); Ciencias da Vida (3); Enxeñaría (2) e Ciencias Sociais (2). A media académica dos estudos universitarios dos bolseiros é de 8,82 sobre 10.
 
No tocante á procedencia, 3 bolseiros cursaron os seus estudos universitarios en Galicia, 5 en Madrid e 2 no estranxeiro. A Universidade de Santiago de Compostela (3) e a Universidade Carlos III de Madrid (3) encabezan a lista con maior número de bolseiros, seguidas pola Universidade Pontificia Comillas (1); a Universidade Complutense de Madrid (1); a University College de Londres, no Reino Unido (1), e a Universidade de Aalborg, en Dinamarca.
 
Canto ao destino, Suíza (4) consolídase como país de preferencia, seguido polo Reino Unido (3), Estados Unidos (2), Alemaña (1) e Países Baixos (1). Realizarán os seus estudos en centros de referencia como a Escola Politécnica Federal de Zúric (3); a Universidade de Zúric (1); a Universidade de Oxford (1); o Imperial College de Londres; a Universidade de Cambridge (1); a Universidade de Columbia (2) e a Universidade de Heidelberg (1).
 
A media de idade dos bolseiros desta edición é de 23 anos. Todos os bolseiros manteñen vinculación con Galicia, quer por residencia (1), quer por nacemento (9): Santiago de Compostela (2); A Coruña (2); Arzúa (1); Pontevedra (1); Vigo (1); Lalín (1) e Ourense (2).
 
A dotación económica da bolsa é dun máximo de 50.000 euros anuais e pode aplicarse total ou parcialmente aos seguintes conceptos:
  • Matrícula do programa no centro de destino;
  • Dotación inicial única de 1.000 euros en concepto de viaxe e instalación;
  • Asignación mensual de 1.600 euros en concepto de aloxamento e manutención.
 
A bolsa concédese por un curso académico, prorrogable por un segundo curso cando a duración dos estudos así o requira.
 
A ASOCIACIÓN DE BOLSEIROS DA FUNDACIÓN BARRIÉ
A Fundación Barrié conta cunha activa Asociación de Bolseiros, creada en 1996, que ten preto dun milleiro de integrantes, todos beneficiarios dos programas de bolsas para investigación, estudos universitarios ou ampliación de estudos universitarios en España ou no estranxeiro. A Asociación desenvolve actividades encamiñadas a facilitar aos seus asociados o contacto con institucións profesionais e académicas de ámbito galego, nacional e internacional e sempre a manter e alimentar o vínculo da Fundación cos seus bolseiros.
Neste senso, serve de vehículo para canalizar as actividades daqueles bolseiros que queiran poñer ao servizo de Galicia, e en particular da Fundación, os seus coñecementos e experiencia, para que a formación adquirida no decurso dos seus estudos e investigacións transcenda o ámbito da mellora persoal e reverta no avance da sociedade galega. (http://becarios.fundacionbarrie.org)
 

RECURSOS DISPONIBLES