BUSCAR
Memoria Anual 2022
IDENTIDADE VISUAL CORPORATIVA
SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER
Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié
Subscribirse
CONTACTO DE PRENSA
Suzana Mihalic
Directora de Comunicación e Imaxe Corporativa
T. +34 981 060 091 / 659 459 030
smihalic@fbarrie.org
Trátase dunha iniciativa pioneira como modelo de colaboración entre o ámbito público e privado na cal a Fundación Barrié coordina os dous programas participados por Instituciones Penitenciarias, Fundación Roviralta, FEAFES Saude Mental Galicia, Fundación e Asociación Érguete.
A Coruña, 22 de marzo de 2018.- A Fundación Barrié presentou hoxe xoves 22 de marzo dous novos convenios de colaboración con Institucións Penitenciarias, reafirmando así o seu compromiso e apoio cos centros penitenciarios de Galicia co obxectivo de traballar pola reinserción de persoas privadas de liberdade. Trátase dunha iniciativa pioneira como modelo de colaboración entre o ámbito público e privado na cal a Fundación Barrié coordina os dous programas participados por Institucións Penitenciarias, Fundación Roviralta, FEAFES Saúde Mental Galicia, Fundación e Asociación Érguete.
Desta maneira, a Fundación dá continuidade ao seu traballo de máis de 40 anos desenvolvendo un labor de apoio á reinserción no eido penitenciario, propiciado pola súa anterior presidenta, Carmela Arias y Díaz de Rábago e cun investimento de 1,94 millóns de euros desde 1974.
A presentación contou coa intervención de José María Arias Mosquera, presidente da Fundación Barrié; Ángel Yuste Castillejo, secretario xeral de Institucións Penitenciarias; Tomás Testor, secretario xeral da Fundación Roviralta; Xosé Ramón Girón, presidente de FEAFES Saúde Mental Galicia e Carmen Avendaño, presidenta da Fundación e da Asociación Érguete.
Ao acto asistiron ademais os directores dos cinco centros Penitenciarios de Galicia: C.P. A Lama (Pontevedra); C.P Teixeiro (A Coruña); C.P. Bonxe (Lugo); C.P. Monterroso (Lugo) e C.P. Pereiro de Aguiar (Ourense); así como o director do CIS Carmela Arias.
Os dous programas englobados nos convenios desenvólvense nos diferentes graos e seccións do ámbito penitenciario en Galicia e teñen enfoques diferentes dentro dun mesmo obxectivo, a reinserción:
- Programa de apoio a módulos e actividades educativas en Centros Penitenciarios de Galicia
- Programa de atención integral a persoas con enfermidade mental en Centros Penitenciarios de Galicia
O traballo continuado pola reinserción de persoas privadas de liberdade dos centros penitenciarios de Galicia e a Fundación Barrié permitiu que hoxe, case o 70% da poboación penitenciaria galega sexa beneficiaria dalgún dos dous programas. Este é só un dos indicadores recollidos a fin de referenciar a eficacia dos programas implementados.
A colaboración esténdese ás cinco prisións de Galicia, ao Centro de Inserción Social “Carmela Arias y Díaz de Rábago” da Coruña e ao Centro de Inserción Social “Carmen Avendaño” de Vigo, así como o desenvolvemento de actividades educativas para a comunidade escolar de Galicia.
Anexos con información ampliada:
- Palabras de José María Arias Mosquera, presidente da Fundación Barrié
- Resumo polo miúdo (beneficiarios, obxectivos, indicadores) dos dous programas
- Datos económicos
- Descarga do vídeo na sala de prensa en: www.fundacionbarrie.org
RECURSOS DISPONIBLES
Imaxes