BUSCAR
Memoria Anual 2022
IDENTIDADE VISUAL CORPORATIVA
SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER
Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié
Subscribirse
CONTACTO DE PRENSA
Suzana Mihalic
Directora de Comunicación e Imaxe Corporativa
T. +34 981 060 091 / 659 459 030
smihalic@fbarrie.org
A Coruña, 13 de novembro de 2018. O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e a Fundación Barrié organizan unha nova edición do networking "Coñecerse para comprenderse", no que participarán de maneira conxunta máis de 15 xornalistas e 21 representantes de entidades sociais galegas. A xornada terá lugar este mércores, 14 de novembro, na sede da Fundación Barrié na Coruña (Cantón Grande, 9) en horario de 10:00 a 14:00.
O obxectivo do networking é promover o diálogo entre o terceiro sector e os profesionais da comunicación, estabelecendo contactos que beneficien a ambos os dous sectores e centrándose nesta edición no ámbito dixital. Con este obxectivo debatiranse, en grupos de traballo mixtos, como afectan as novas tendencias informativas a través dun medio tan pouco controlable como é internet.
Os participantes tratarán temas como o papel dos medios dixitais na información do terceiro sector, as fake news e a repercusión na comunicación sobre entidades, a contaminación da imaxe das entidades sociais por causa de informacións negativas ou o sensacionalismo e o papel das redes sociais.
O Presidente da Fundación Barrié, José María Arias Mosquera, sinala que “a actividade enmárcase en accións máis amplas que a Fundación Barrié desenvolve desde hai anos para fortalecer o Terceiro Sector” e considera que “a actividade beneficia a ambos sectores para que de xeito mutuo poidan construír unha mensaxe máis clara e coherente para a sociedade”.
Pola súa parte, o Colexio de Xornalistas, Francisco X. González Sarria, destaca "a positiva experiencia" do primeiro networking "Coñecerse para comprenderse" realizado o ano pasado e resaltou a importancia da interacción entre o xornalismo e o terceiro sector. "Os medios de comunicación e por extensión os xornalistas, non debemos perder de vista a noso papel social e de servicio público", afirmou.
A xornada inclúe tamén unha presentación das conclusións máis relevantes da Guía de linguaxe inclusiva elaborada polo alumnado da Facultade de Comunicación da USC en colaboración co Colexio de Xornalistas. A guía, coordinada polo profesor José Casás, quen intervirá no encontro, recolle recomendacións para combater o emprego de linguaxes discriminatorias, así como para o tratamento de distintos colectivos e situacións que poidan xerar risco de exclusión.
As conclusións das mesas de debate do networking serán difundidas posteriormente polos organizadores entre os xornalistas, as asociacións e a sociedade en xeral.
10.00 h. Recepción dos participantes e presentación.
10.15 h. Intervención do profesor da Facultade de Comunicación, José Casás, sobre a guía de inclusión social elaborada pola USC e o CPXG.
10.30 h. Debate en grupos. Cada grupo estará formado por 7 compoñentes de entidades do terceiro sector e 5 xornalistas. Estarán coordinados por un membro do Colexio de Xornalistas. O grupo centrará o seu debate nas seguintes cuestións, a modo de brandstorming:
- O papel dos medios dixitais na información do terceiro sector
- As fake news e a repercusión na comunicación sobre entidades
- A contaminación da imaxe das entidades sociais por causa de informacións negativas
- O sensacionalismo na información e o papel das Redes Sociais
12.30 h. Posta en común das ideas recollidas nos grupos de traballo.
14.00 h. Finalización.