BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
DATA

Memoria Anual 2022

Memoria corporativa e edicións anteriores

SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse

CONTACTO DE PRENSA

Suzana Mihalic
Directora de Comunicación e Imaxe Corporativa


T. +34 981 060 091 / 659 459 030
smihalic@fbarrie.org


Esta publicación forma parte da Colección Martínez Barbeito da Biblioteca da Fundación Barrié

15-10-2018

Elenco de actores participantes na obra
© Fundación Barrié

A Coruña, 15 de outubro de 2018: Co gallo do 250 aniversario do primeiro teatro lírico construído na Coruña, polo cantante e empresario de ópera italiano Nicola Setaro, a Fundación Barrié pon a disposición do público o libreto utilizado, por este mesmo empresario, hai 250 anos nunha representación de ópera italiana en Santiago de Compostela. Nicola Setaro viaxou por España difundindo a ópera italiana e foi o creador do primeiro teatro lírico construído na Coruña, do cal se celebra o 250 aniversario.
 
O exemplar, localizado na biblioteca da Fundación Barrié polo profesor José Maria Paz Gago, director do encontro A difusión da Opera Italiana en España organizado pola Universidad Internacional Menéndez Pelayo, seguindo as pistas presentes en diversas fontes, de xeito especial nos estudos do musicólogo Xoan Manuel Carreira, secretario deste ciclo, foi o libreto utilizado en Galicia, e impreso na imprenta de Ignacio Aguayo en Santiago de Compostela en 1768 pola Compañía que difundiu ópera italiana pola Península Ibérica. O exemplar consérvase na Colección Martínez Barbeito da Fundación Barrié, que ten a súa orixe na biblioteca de Andrés Martínez Salazar adquirida pola Fundación a Carlos Martínez Barbeito en 1982.
 
O libreto en italiano da ópera bufa El Maestro de Capilla contén tamén unha tradución ao castelán, ademais de todo o elenco de cantantes participantes na obra. Presenta parte dunha encadernación da época en papel.
 
Os libretos de ópera pertencen á categoría de efémera (impresos de ocasión cuxa conservación é moi fortuíta pola pouca importancia que lles dá o público e mais os seus propios produtores no seu momento) polo que este testemuño da chegada da ópera italiana a Galicia a mediados do século XVIII pode considerarse excepcional.
 
O exemplar pódese consultar desde hoxe en www.fundacionbarrie.org/biblioteca-martinez-barbeito

RECURSOS DISPONIBLES

Imaxes