BUSCAR
Memoria Anual 2022
IDENTIDADE VISUAL CORPORATIVA
SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER
Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié
Subscribirse
CONTACTO DE PRENSA
Suzana Mihalic
Directora de Comunicación e Imaxe Corporativa
T. +34 981 060 091 / 659 459 030
smihalic@fbarrie.org
A Coruña, 30 de setembro de 2019. Nova edición do Networking organizado pola Fundación Barrié e o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia dirixido a entidades do Terceiro Sector e profesionais da comunicación e que se desenvolverá baixo o título Storytelling no Terceiro Sector.
Esta nova edición do Networking que terá lugar o martes, 1 de outubro, coincide co Día Europeo das Fundacións e Doantes, unha xornada posta en marcha pola rede europea de asociacións de fundacións DAFNE, e que se celebra desde o ano 2012 co obxectivo de pór de relevo a función das entidades sen ánimo de lucro e dos doantes que contribúen ao bo desenvolvemento da sociedade.
A inclusión de historias da vida, relatos cotiás ou outro tipo de narrativas desvelouse como unha eficaz ferramenta para incluír información das entidades sociais na axenda dos medios. “Contar unha historia”, o día a día das entidades sociais ou dos seus usuarios, permite que os medios poidan transmitila á sociedade, achegando a problemática á cidadanía de xeito claro e sinxelo.
Os participantes traballarán en grupos mixtos coordinados por membros do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, profesionais con ampla experiencia no eido da comunicación.
ABERTO A TODOS OS PÚBLICOS.
O Networking incluirá unha intervención das entidades sociais participantes na emisión en directo do programa Hoy por Hoy da Cadena Ser que terá lugar no Auditorio da Fundación Barrié ás 12.30 h-13.30h.
Algunhas das entidades participantes terán a ocasión de intervir en directo no programa que remata coa actuación musical de Hugo Sainza Kanido, vinculado a unha das entidades sociais participantes. A reseña sobre a canción é "unha letra optimista sobre a súa experiencia vital, escrita para lembrar nos malos momentos que sempre hai ganas de loitar e de seguir a vivir".