BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
DATA

Memoria Anual 2022

Memoria corporativa e edicións anteriores

SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse

CONTACTO DE PRENSA

Suzana Mihalic
Directora de Comunicación e Imaxe Corporativa


T. +34 981 060 091 / 659 459 030
smihalic@fbarrie.org


18-02-2021

A Fundación Barrié presenta na súa sede da Coruña a exposición Miró. Una colección. Exposición organizada por Fundación Barrié en colaboración con Fundación MAPFRE
 
Lugar: Fundación Barrié. Cantón Grande, 9. 15003 A Coruña
 
Datas: 20 de febreiro – 16 de maio de 2021 

Joan Miró Tête, oiseau / Cabeza, paxaro, 1976 Óleo sobre lenzo 65 x 54 cm. Colección Particular en depósito temporal
© Successió Miró 2020

A Fundación Barrié presenta a exposición MIRÓ. UNHA COLECCIÓN, con 47 obras de Joan Miró (Barcelona, 1893 - Palma de Mallorca, 1983), un referente ineludible na historia da pintura europea e un dos artistas máis influentes do século XX.  Pintor, escultor, ceramista e gravador, foi un dos máximos expoñentes do Surrealismo e un dos artistas españois con maior proxección internacional, autor dunha obra que chegou a exercer grande influencia tanto sobre os seus contemporáneos coma sobre as xeracións posteriores.
 
Con esta exhibición a Fundación Barrié retoma o seu programa de exposicións temporais de pintura de interese histórico que pretende achegar a Galicia o mellor da arte nacional e internacional. Nesta liña presentáronse mostras de grandes artistas como Pablo Ruiz Picasso, El Greco ou Joaquín Sorolla, entre outros.
 
40 das obras proceden da Colección que a Fundación MAPFRE mostra no seu «Espazo Miró» en Madrid, cedidas por diferentes propietarios como depósito temporal. A escolma destas obras está composta por 35 pinturas ao óleo sobre diferentes soportes, 2 debuxos e 2 acuarelas con tinta chinesa. Malia que na súa maioría son pezas das últimas décadas, poderemos atopar pinturas de diferentes períodos e con distintos motivos: constelacións, mulleres, paxaros, estrelas e outro tipo de personaxes.
 
Deste xeito pódese ver como Miró retoma continuamente os mesmos temas, reinventándoos e dándolles unha nova vitalidade. Se cadra o que máis caracteriza esta colección é que, aínda que por unha banda presenta as últimas décadas na traxectoria artística de Miró —un período máis descoñecido e que só recentemente comezou a recibir a atención e o entusiasmo da crítica— pola outra, expón case todos os temas que interesaron ao artista dende os seus inicios. Moitas veces trátase dunha especie de reencontro con eles, o que permite outorgarlles un sentido máis pleno.
 
As outras 7 obras que se mostran, procedentes de coleccións públicas e privadas, únense a esta exposición co fin de contextualizar o seu proceso creativo e achegar a figura e obra de Miró ao público dunha forma máis didáctica. Con ese fin vaise crear un espazo que acollerá a escultura de bronce Tête de Femme, de 1974. A obra final estará acompañada por todas as pezas que a preceden, como os debuxos preparatorios, o modelo en arxila pintada, primeiro, e os modelos en xeso, despois. Deste xeito o visitante ten a ocasión de acompañar o artista ao longo do seu proceso creativo, dende o seu pensamento plasmado en debuxos con poucos trazos ata a obra culminada.
  

Lugar: Fundación Barrié. Cantón Grande, 9. A Coruña
Datas: 20 de febreiro – 16 de maio de 2021
Horario: de luns a domingo (festivos incluídos): 11 h-14 h e 17 h-20 h
Entrada gratuíta
 
Para máis información, contacte con:
Suzana Mihalic. Directora de Comunicación e Imaxe Corporativa Fundación Barrié
Tel.: 00 34 659 459 030 / 981 060 091 /
smihalic@fbarrie.org / www.fundacionbarrie.org


“A utilización de imaxes facilitadas polo Departamento de Comunicación da Fundación Barrié que reproduzcn obras de arte está suxeita ao previsto na normativa vixente e, en particular, no Texto Refundido da Lei de Propiedade Intelectual. Os usuarios de ditas imaxes serán responsables de solicitar as autorizacións e/ou licencias que sexan preceptivas e, no seu caso, de abonar os dereitos de autor aos seus titulares ou ás entidades de xestión que os representen.
A Fundación Barrié non se fai en ningún caso responsable dos danos ou prexuízos que se puidesen derivar da utilización ilexítima de reproducións de obras de arte por parte de terceiros non autorizados ou da infracción por parte destes de calquera disposición legal vixente.”

RECURSOS DISPONIBLES

Imaxes