BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
DATA

Memoria Anual 2022

Memoria corporativa e edicións anteriores

SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse

CONTACTO DE PRENSA

Suzana Mihalic
Directora de Comunicación e Imaxe Corporativa


T. +34 981 060 091 / 659 459 030
smihalic@fbarrie.org


A conferencia foi organizada pola Asociación de Bolseiros da Fundación Barrié co gallo da súa tradicional Xornada de Nadal.

26-12-2017

Data: mércores, 27 de decembro
Hora: 11.30h
Lugar: Fundación Barrié, A Coruña (Cantón Grande, 9)
Entrada libre, capacidade do local limitada

Darío Villanueva, director da Real Academia Española
© Fundación Barrié

A Coruña, 26 de decembro de 2017.- A Fundación Barrié acolle unha conferencia a cargo de Darío Villanueva, director da Real Academia Española, organizada pola Asociación de Bolseiros da Fundación Barrié co gallo da súa tradicional Xornada de Nadal. O relatorio versará sobre o fenómeno da posverdade, un termo incluído no Diccionario de la lengua española este mes de decembro, e o seu impacto na política, a comunicación e a sociedade en xeral.

PROGRAMA 

Entrada libre. Capacidade do local limitada.

11.30-11.45 h. Recepción de asistentes.

11.45-12.00 h. Benvida a cargo de José María Arias Mosquera, presidente da Fundación Barrié e Fernando González Laxe, presidente da Asociación de Bolseiros da Fundación Barrié.

12.00-13.15 h. Conferencia: “Realidade, ficción e posverdade” por Darío Villanueva Prieto, director da Real Academia Española.

“O adxectivo postruth que o Orford Dictionary declarou palabra do ano 2016 callou en español como o adxectivo «postverdad» que o Diccionario de la lengua española incluirá na súa versión dixital en decembro de 2017. A conferencia trata de determinar as orixes, non só lexicográficas senón tamén filosóficas deste concepto, que é moi representativo da sociedade posmoderna…”
 
13.15-14.00 h. Mesa Redonda: É a #posverdad un resultado da sociedade dixital? Historia, mitos e consecuencias, moderada por Fátima Carmena Mayorga, CEO Nasas, Axencia Creativa de Márketing Online:
  • Francisco Seoane Pérez (bolseiro de máster de 2003), experto en comunicación, profesor de xornalismo e comunicación audiovisual da Universidade Carlos III de Madrid.
  • Xosé Luis Pastoriza Rozas (bolseiro de máster de 2006), profesor de historia da filosofía e consultor en cooperación para o desenvolvemento.
  • Cristina Gómez Román (bolseira de investigación de 2013), experta en psicoloxía, docente e investigadora na Universidade de Santiago de Compostela.
 
DARÍO VILLANUEVA PRIETO 

Director desde decembro de 2014 da Real Academia Española, en 2008 o seu discurso de ingreso titulouse El Quijote antes del cinema. Presidente de honra da Sociedade Española de Literatura Xeral e Comparada, é catedrático de Teoría da Literatura e Literatura Comparada da Universidade de Santiago de Compostela, da que foi reitor entre 1994 e 2002. Recibiu doutoramentos honoris causa por dez universidades do Reino Unido, Suecia, Estados Unidos, España, Nicaragua, Ecuador, Arxentina e Perú. En 1973 publicou El Jarama de Sánchez Ferlosio. Su estructura y significado e comezou a exercer a crítica literaria na revista barcelonesa Camp de l’Arpa. Entre as súas obras cóntanse El polen de ideas. Teoría, Crítica, Historia y Literatura comparada (1991), Trayectoria de la novela hispanoamericana actual (1991), escrito en colaboración con J. M. Viña Liste e traducido ao árabe polo Consello Superior de Cultura de Exipto (1998), Estructura y tiempo reducido en la novela (2ª edición, 1994) e Teorías del realismo literario (1992, tradución inglesa en CUNY Press, Nova York, 1997). Os seus libros máis recentes son Valle-Inclán, novelista del Modernismo (2005), La poética de la lectura en Quevedo (Siruela, 2007), Imágenes de la ciudad. Poesía y cine, de Whitman a Lorca (Cátedra, 2015), premio internacional de investigación humanística da Sociedade Menéndez Pelayo, e Introducing Comparative Literature. New trends and applications (Routledge, Londres, 2015), escrito en colaboración con César Domínguez Prieto e Haun Saussy. É membro nato do Consello de Estado.