Inicio / Patrimonio e Cultura / Conferencias / Calvo Serraller Fundación Amigos do Museo do Prado / Conferencia: "'E o poder do Altísimo cubrirate coa súa sombra': dous milenios da Anunciación na arte"

Axenda


BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
ACTIVIDADE
LUGAR
DATA

CALENDARIO

A actividade da Fundación Barrié a mes ou semana vista


SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse


Conferencia: "'E o poder do Altísimo cubrirate coa súa sombra': dous milenios da Anunciación na arte"

FRA ANGELICO. La Anunciación, 1425 - 1426, Museo Nacional del Prado (Detalle)

Museo Nacional do Prado

Xoves 14 de Novembro de 2019

20:00

Sede A Coruña

Ata completar aforo

Aberto ao público

Alicia Rodés
Historiadora da Arte
Título: “E o poder do Altísimo cubrirate coa súa sombra”: dous milenios da Anunciación na arte

Ciclo de conferencias Francisco Calvo Serraller Fundación Amigos do Museo do Prado 2019: Porque me viches, criches. O Novo Testamento na arte, organizado pola Fundación Barrié e a Fundación Amigos do Museo do Prado.

É o Evanxelio de Lucas o que relata a escena da Anunciación, na cal ten lugar un dos máis fascinantes misterios da relixión cristiá: o Señor encárnase en María, faise home para vivir e morrer coma os homes e para salvar a humanidade, redimíndoa dos seus pecados. Desde o período da arte paleocristiá ata hoxe, os artistas non deixaron de representar a Anunciación. Ao longo da historia, o diferente tratamento que recibe este tema na arte pón de manifesto como os seres humanos, segundo o tempo e as circunstancias históricas, políticas, relixiosas e sociais, entenden e perciben a escena evanxélica, como se senten concernidos por ela, como se achegan a ela, como se apropian dela.





PRÓXIMOS EVENTOS