BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
DATA

Os instrumentos do Pórtico da Gloria: o Pórtico da Gloria

22/05/2020

A Fundación Barrié, promotora do proxecto de restauración do Pórtico da Gloria, pon a disposición do público unha serie de unidades didácticas que teñen como obxectivo ampliar o coñecemento sobre as diferentes facetas do monumento. Estas unidades didácticas non só van dirixidas á comunidade educativa senón tamén ao ámbito familiar, achegando o Pórtico da Gloria ao público de todas as idades.

Esta unidade didáctica trata sobre o pórtico da catedral de Santiago. Os Pórticos eran a entrada principal ás igrexas, onde os fieles, que non sabían ler, vían moitas figuras e escenas coas que podía aprender moito. Os Pórticos adoitaban expresar unha cousa: ao entrar na Igrexa é como se entrases no ceo, por iso no Pórtico da Gloria aparecen moitos profetas, apóstolos, os evanxelistas, e moitos santos. No centro do Pórtico da Gloria está Xesús nun trono, porque é quen abre a porta do ceo.


ETIQUETADO EN: