BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
DATA

Os instrumentos do Pórtico da Gloria: a música na Idade Media (I)

22/05/2020

A Fundación Barrié, promotora do proxecto de restauración do Pórtico da Gloria, pon a disposición do público unha serie de unidades didácticas que teñen como obxectivo ampliar o coñecemento sobre as diferentes facetas do monumento. Estas unidades didácticas non só van dirixidas á comunidade educativa senón tamén ao ámbito familiar, achegando o Pórtico da Gloria ao público de todas as idades.

Esta unidade didáctica trata sobre a música da Idad Media. Sabemos moi pouco da música anterior ao século XI, porque non escribían as notas musicais. A música máis importante e estendida da Idad Media é o Canto Gregoriano, un tipo de música relixiosa (litúrxica) que se cantaba nas Igrexas e Mosteiros, en latín e a unha soa voz. Mais esta música non facía uso de instrumentos (que mesmo estaban prohibidos nas Igrexas). Pouco a pouco comezou a música a varias voces (chamada Polifónica).


ETIQUETADO EN: