BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
DATA

Os instrumentos do Pórtico da Gloria: o contexto histórico (II)

22/05/2020

A Fundación Barrié, promotora do proxecto de restauración do Pórtico da Gloria, pon a disposición do público unha serie de unidades didácticas que teñen como obxectivo ampliar o coñecemento sobre as diferentes facetas do monumento. Estas unidades didácticas non só van dirixidas á comunidade educativa senón tamén ao ámbito familiar, achegando o Pórtico da Gloria ao público de todas as idades.

Esta unidade didáctica trata sobre a catedral de Santiago que pasa por varias etapas na súa construción até chegar ao aspecto que podemos observar hoxe. O edificio románico levantouse sobre outros dous anteriores que serviran para acoller os restos do Apóstolo durante o século X. Esta primeira etapa na construción da catedral comeza no ano 1070 (século XI) e o que a leva a cabo é, primeiro Bernardo o Vello, e despois o chamado mestre Estevo que están ás ordes do bispo dese momento: Diego Peláez.


ETIQUETADO EN: