Inicio / Didáctica / O Pórtico da Gloria

Didáctica


BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
DATA

O Pórtico da Gloria: o Pórtico do século XXI

22/05/2020

A Fundación Barrié, promotora do proxecto de restauración do Pórtico da Gloria, pon a disposición do público unha serie de unidades didácticas que teñen como obxectivo ampliar o coñecemento sobre as diferentes facetas do monumento. Estas unidades didácticas non só van dirixidas á comunidade educativa mais tamén ao ámbito familiar, achegando o Pórtico da Gloria ao público de todas as idades.
 
Esta unidade didáctica trata sobre o deseño dun pórtico utilizando unha proposta guiada. Esta Unidade desenvolverase no segundo trimestre e terá como obxectivo principal que o alumnado constrúa na aula-obradoiro unha estrutura resistente seguindo unha proposta guiada. Ademais pretendemos que traballen de forma multidisciplinar contidos doutras áreas.

Accede á Unidade Didáctica


ETIQUETADO EN: