BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
DATA

O Pórtico da Gloria: a caza do tesouro - Mestre Mateo

22/05/2020

A Fundación Barrié, promotora do proxecto de restauración do Pórtico da Gloria, pon a disposición do público unha serie de unidades didácticas que teñen como obxectivo ampliar o coñecemento sobre as diferentes facetas do monumento. Estas unidades didácticas non só van dirixidas á comunidade educativa mais tamén ao ámbito familiar, achegando o Pórtico da Gloria ao público de todas as idades.

Esta unidade didáctica está dirixida á área de Ciencias sociais, Xeografía e Historia de 2º de ESO. Seguro que oíches falar do Mestre Mateo, ben porque no teu lugar de residencia hai unha rúa ou unha praza co seu nome, ben porque te soe ao nome da edición dun premio, ben porque fixeses o Camiño de Santiago ou porque gozaches da súa obra cando visitaches a catedral de Santiago.
Mais… Sabes realmente quen foi Mestre Mateo? Coñeces a súa obra?
Queres saber un pouco máis sobre esta figura e a súa obra mestra, o Pórtico da Gloria?


ETIQUETADO EN: