Vogais

Sr. D. Ángel Carracedo Álvarez

Licenciado en Medicina en 1978 pola Universidade de Santiago de Compostela e Doutor en Medicina pola devandita universidade en 1982, ambos con premio extraordinario. Catedrático de Medicina Legal na Universidade de Santiago. É director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica e do Centro Nacional de Xenotipado-ISCIII. Ángel Carracedo mantén desde hai anos unha estreita relación coa Fundación Barrié no eido da investigación e da divulgación da Ciencia. Foi bolseiro da Fundación en 1982, cunha bolsa de investigación na Universidade de Uppsala, Suecia. Medalla de Ouro de Galicia, Premio Rey Jaime I de investigación, Medalla Adelaide, Medalla Galien, Premio Galicia de Investigación, Medalla Castelao, Premio Novoa Santos, Cruz ao Mérito Policial, Cruz ao Mérito da Garda Civil, Premio Fernández Latorre, Premio Prismas de Divulgación, Premio Galego do Mundo, Medalla Terra de Xallas, entre outros. Doutor Honoris Causa por varias universidades. É vogal do Padroado da Fundación Barrié desde 2013.