Presidente

Sr. Don José María Arias Mosquera

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e PADE do Instituto de Estudos Superiores da Empresa (IESE). É patrón electivo da Fundación Barrié desde 1982 e presidente executivo desde 2009. Convencido do papel fundamental da educación no progreso da sociedade, participa activamente en diversas asociacións e entidades que propician a consecución de cidadáns que entendan o seu contorno e poidan melloralo. Deste xeito, é membro do Consello de patróns da Asociación Española de Fundacións; é patrón de honra da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre e do Museo de Pontevedra, é presidente de honra de APD Noroeste, así como vogal das Escolas Populares Gratuítas.
Foi presidente do Banco Pastor entre 2001 e 2017; vicepresidente do Banco Popular entre 2012 e 2017; presidente do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela entre 2014 e 2018 e presidente de APD Noroeste entre 2015 e 2022.