BUSCAR
Memoria Anual 2022
IDENTIDADE VISUAL CORPORATIVA
SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER
Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié
Subscribirse
CONTACTO DE PRENSA
Suzana Mihalic
Directora de Comunicación e Imaxe Corporativa
T. +34 981 060 091 / 659 459 030
smihalic@fbarrie.org
Resultados do VIII Concurso Galego de Robótica A Maxia da Robótica, no cal participaron esta semana preto de 2.335 profesores e alumnos de 62 centros de toda Galicia
Entrega de premios do VIII Concurso Galego de Robótica A Maxia da Robótica, que organizan a Fundación Barrié e Igaciencia, levada a cabo na sede da Fundación Barrié na Coruña.
A Coruña, 26 de abril de 2016.- Os gañadores do VIII Concurso Galego de Robótica A Maxia da Robótica, organizado pola Fundación Barrié e a Institución Galega da Ciencia (IGACIENCIA) na Coruña e Vigo son:
Categoría de Bacharelato y Ciclo Medio:
1º Premio IES Otero Pedrayo de Ourense
2º Premio IES Escolas Proval, Nigrán
3º Premio IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz
Categoría de 2º, 3º e 4ºESO
1º Premio IES A Cachada de Boiro
2º Premio Colegio Apóstol Santiago de Vigo
3º Premio CPI Virxe da Cela de Monfero
Categoría de Educación 5º e 6º Primaria e 1º ESO
1º Premio CPI Atios de Valdoviño
2º Premio CPI San Sanduriño
3º Premio IES Politécnico de Vigo
No VIII Concurso Galego de Robótica A Maxia da Robótica participaron esta semana preto de 2.235 alumnos e 100 profesores de 62 centros educativos de toda Galicia, de educación secundaria e terceiro ciclo de educación primaria.
O obxectivo desta actividade é achegar á xente nova e á cidadanía en xeral ao mundo da robótica, mediante a montaxe de sinxelos robots, facéndoo comprensible e resaltando a súa importancia e as implicacións no seu propio futuro. Para iso, bríndase a oportunidade de participar en grupo na montaxe e programación dun robot móbil cun kit de LEGO. Dun xeito sinxelo e divertido o alumnado participante familiarizarase tanto cos robots como coa linguaxe da robótica. Para este obradoiro non cómpre ter coñecementos en programación nin en electrónica previos, pois a electrónica está integrada nun ladrillo intelixente e a programación realízase nun contorno visual sinxelo para que ata os máis pequenos poidan construír e deseñar os seus robots dando paso, despois da montaxe, á parte de programación.
A Institución Galega da Ciencia (IGACIENCIA) vén promovendo e organizando esta actividade que se desenvolveu, en anos anteriores, coa colaboración dos Concellos respectivos, nas cidades de Lugo, Santiago, Burela e Lugo, de novo. É o cuarto ano consecutivo que a Fundación Barrié acolle esta iniciativa. A Fundación esfórzase por achegar a ciencia aos escolares e fomentar novas vocacións científico-tecnolóxicas, cun programa de actividades ao longo do curso escolar, nunha nova mostra máis do sólido compromiso da Fundación Barrié coa ciencia en Galicia.