Edición 2015

Convocatoria 2015

Máis Social é un programa dirixido ás entidades do Terceiro Sector Social de Galicia para ofrecerlles recursos, medios e estratexias que lles axuden a optimizar a súa xestión, e de forma prioritaria a súa captación de fondos, co obxectivo de promover un modelo de acción social economicamente sostible.
Na terceira convocatoria (2015. pechada) propón catro opcións diferentes e complementarias de axudas:
 

  • 5 axudas para a contratación de persoal directivo.
  • 10 para servizos de consultoría especializada orientada á elaboración dun plan estratéxico ou de captación de fondos.
  • 40 axudas para un programa de formación presencial (en Vigo e A Coruña), diferenciado para novas entidades e para entidades participantes en anteriores edicións.
  • 10 axudas Máis Social Conecta, para o desenvolvemento ou renovación de webs corporativas coa finalidade de mellorar a súa visibilidade, e potenciar a captación de socios e fondos.
 
En función dos seus intereses, as entidades poden solicitar unha ou varias destas opcións, segundo as súas características e intereses, se ben a elección da axuda para a contratación de persoal directivo leva consigo a solicitude das opcións de servizos de consultoría e programa de formación presencial.

CONTIDOS RELACIONADOS