BUSCAR
Memoria Anual 2022
IDENTIDADE VISUAL CORPORATIVA
SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER
Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié
Subscribirse
CONTACTO DE PRENSA
Suzana Mihalic
Directora de Comunicación e Imaxe Corporativa
T. +34 981 060 091 / 659 459 030
smihalic@fbarrie.org
Estes obradoiros organízanse no marco do Programa KTORCE-18, co obxectivo de achegar a Lei do Menor aos adolescentes
-
KTORCE-18 é unha iniciativa da Fundación Barrié e da Asociación ARELA que ten como fin achegar a Lei do Menor á comunidade educativa (pais e nais, alumnado e profesorado) e que chegou a máis de 28.001 participantes desde a súa posta en marcha no ano 2012.
-
As dúas charlas diríxense a escolares de 3º e 4º da ESO e FPB, e teñen un claro obxectivo preventivo das condutas infractoras máis comúns nos adolescentes, facendo especial fincapé no acoso escolar, as redes sociais e o maltrato familiar, así como en todos aqueles temas e situacións que viven de preto os adolescentes, explicando as consecuencias legais e a responsabilidade en que poden incorrer.
-
O obradoiro no IES Xograr Afonso Gómez (Sarria) celebrarase mércores 17 de xaneiro ás 12.50 h.
-
O obradoiro no IES Perdouro (Burela) celebrarase xoves 18 de xaneiro ás 12.20 horas.
-
A inscrición para este curso está aberta, polo que os centros educativos interesados están a tempo de solicitaren un obradoiro para o curso 2017-2018.
-
O programa Ktorce-18 compleméntase con materiais didácticos gratuítos que están dispoñibles, para a súa descarga, en http://www.fundacionbarrie.org/material-profesionales-familias (redes sociais, acoso escolar, maltrato familiar, consentemento).
A Coruña, 15 de xaneiro 2018.- KTORCE-18 é unha iniciativa da Fundación Barrié e da Asociación ARELA que ten como fin achegar a Lei do Menor á comunidade educativa (pais e nais, alumnado e profesorado) e que chegou a máis de 28.001 participantes desde a súa posta en marcha no ano 2012.
Esta intervención preventiva de condutas infractoras lévase a cabo, fundamentalmente, a través de diferentes charlas dirixidas a alumnado de entre 2º e 4º da ESO, que teñen un obxectivo preventivo das condutas infractoras máis comúns nos adolescentes, facendo especial fincapé no acoso escolar, as redes sociais e o maltrato familiar, así como en todos aqueles temas e situacións que viven de preto os adolescentes, explicando as consecuencias legais e a responsabilidade en que poden incorrer.
- O obradoiro no IES Xograr Afonso Gómez (Sarria) celebrarase mércores 17 de xaneiro ás 12.50 h.
-
O obradoiro no IES Perdouro (Burela) celebrarase xoves 18 de xaneiro ás 12.20 h.
Os centros educativos interesados nestes obradoiros poden solicitalos directamente a través das webs das entidades organizadoras: www.fbarrie.org e https://www.arela.org, así como no teléfono 986 212 537.
MATERIAIS DIDÁCTICOS
O programa Ktorce-18 compleméntase con materiais didácticos gratuítos que están dispoñibles, para a súa descarga, en http://www.fundacionbarrie.org/material-profesionales-familias.
Esta documentación trata os temas a seguir:
- Redes sociais
- Acoso escolar
- Maltrato familiar
-
Consentimento
http://www.fundacionbarrie.org/Ktorce-18
https://www.arela.org/ktorce18-programa-de-prevencion-de-condutas-infractoras.html
RECURSOS DISPONIBLES
Imaxes