BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
ACTIVIDADE
LUGAR
DATA

CALENDARIO

A actividade da Fundación Barrié a mes ou semana vista


SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse


Exposición Rafael Moneo. Unha visión teórica desde a profesión. Materiais de arquivo (1961-2016)

De esquerda a dereita: Rafael Moneo, Pilar Romero Vázquez-Gulías, vicepresidenta da Fundación Barrié, José María Arias Mosquera, presidente da Fundación Barrié

Fundación Barrié

Martes 04 de Abril de 2017
Domingo 11 de Xuño de 2017

Museo Thyssen-Bornemisza (Madrid)

Ata completar aforo

Aberto ao público

A Fundación Barrié presenta en Madrid unha mostra retrospectiva da obra de Rafael Moneo. A exposición é unha coprodución da Fundación Barrié, o Estudio Rafael Moneo e o Museo Thyssen-Bornemisza.

Tras o seu paso por diversas sedes internacionais, chega ao Museo Thyssen-Bornemisza, do 4 de abril ao 11 de xuño de 2017, Rafael Moneo. Unha reflexión teórica desde a profesión. Materiais de arquivo (1961-2016), a primeira gran retrospectiva dedicada ao arquitecto español. Comisariada por Francisco González de Canales, profesor da Universidade de Sevilla e da Architectural Association de Londres, a exposición abrangue unha escolma de 121 debuxos, 19 maquetas e 152 fotografías dun total de 52 proxectos emblemáticos do arquitecto. Alén diso, coincidindo co 25 aniversario do Museo, a exposición conta cunha pequena mostra, comisariada polo arquitecto José Manuel Barbeito, que recolle a historia do Palacio Villahermosa desde mediados do século XVIII ata a súa transformación, en 1992, para se converter no Museo Thyssen-Bornemisza.

Para máis información (nota de prensa, lista de obras, imaxes) preme aquí.





PRÓXIMOS EVENTOS

  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •