BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
ACTIVIDADE
LUGAR
DATA

CALENDARIO

A actividade da Fundación Barrié a mes ou semana vista


SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse


Conferencia: "O nacemento dos xenios. Teoría artística manierista"

TINTORETTO, JACOPO ROBUSTI. O lavatorio, detalle

Museo Nacional del Prado

Xoves 02 de Novembro de 2017

20:00

Sede A Coruña

Ata completar aforo

Aberto ao público

Francisco Calvo Serraller
Catedrático de Historia da Arte, Universidade Complutense
Título: O nacemento dos xenios. Teoría artística manierista

Ciclo de conferencias: A era dos xenios. De Miguel Ángel a Arcimboldo 2017-2018 organizado pola Fundación Barrié e a Fundación Amigos do Museo do Prado.

Que os xenios nazan e, polo tanto, o título desta conferencia, non deixa de ter algo de paradoxal, xa que o termo xenio devén do verbo latino gigno, genui, genitus, cuxo significado non é outro senón "traer á vida". Pero, aínda que xenio é o que crea e non o que é creado, podemos, no entanto, afirmar que é no século XVI cando nacen os xenios. É nese momento cando o termo adquire as connotacións que agora posúe para cualificar principalmente a Rafael, Leonardo, Miguel Ángel e Tiziano e cando o concepto se fai carne, coma quen di, nos devanditos artistas e nesoutros que seguen á súa maniera. Comezando por este termo que lle dá nome, a teoría artística manierista está constituída por un urdido de conceptos nos cales cómpre deterse, aínda que sexa brevemente, antes de que o curso afronte a análise pormenorizada dos xenios artísticos que marcaron o século XVI. Deste xeito, esta primeira e introdutoria conferencia estrutúrase como un vocabulario de termos que virán ilustrados con obras significativas mediante as cales se caracterizará a arte dese período crucial da historia de Europa.





PRÓXIMOS EVENTOS

  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •