UNIDAD DIDÁCTICA PARA A EXPOSICIÓN "NORMAN PARKINSON: SEMPRE CON ESTILO"

“Gústame que a xente se vexa ben, como lle gusta ver os demais, e con sorte cun
ton mellor"
Norman Parkinson

 
TECNOLOXÍA ENTRE COSTURAS PARA A MODA DO FUTURO
CREANDO FOTOGRAFÍAS LUMINOSAS E ACCESORIOS DE MODA INTERACTIVOS
 
Nesta Unidade Didáctica pretendemos ensinar os participantes a que aprendan a profundar de forma lúdica e pedagóxica nos aspectos relevantes da exposición de Norman Parkinson. Inspirándonos nas súas fotografías máis icónicas, cada unha das actividades pensouse para achegármonos de forma innovadora ás diferentes fases da carreira deste grande artista. En concreto, para descubrirmos o seu atrevido estilo retratando as súas modelos femininas e para entendermos a súa importante presenza na fotografía de moda.
 
Coas actividades que se formulan a continuación, os participantes imaxinaranse como será a moda do futuro. Para iso, achegaranse a novos territorios de expresión e entrarán en contacto con procesos emerxentes de creación que vinculan moda e tecnoloxía. Axudados de dispositivos dixitais educativos poderán crear as súas propias fotografías luminosas ou accesorios de moda interactivos. En xeral, traballarán coa ferramenta Scratch e a placa Makey Makey. No desenvolvemento dos proxectos adquirirán coñecementos de electrónica básica e programación, e exercitarán destrezas manipulativas como coser, debuxar, cortar ou pegar.
 
Esta proposta distínguese pola súa aposta polo enfoque pedagóxico STEAM. É dicir, pola incorporación da arte e do deseño no eixo central de STEM. Con este enfoque metodolóxico preténdese fomentar o pensamento crítico dos participantes. Así mesmo, que estes adquiran habilidades e coñecementos para innovar, imaxinar e solucionar problemas futuros vinculados ao téxtil e á moda. Cada actividade combina unha breve visita guiada e despois unha actividade “de obradoiro” relacionada coas fotografías que viron.

OBXECTIVOS EDUCATIVOS:

- Coñecemento e análise do traballo do fotógrafo Norman Parkinson.
- Promover a creatividade e o desenvolvemento do pensamento crítico.
- Estimular a capacidade plástica e visual.
- Iniciación aos téxtiles e á electrónica para achegarse ás STEM/ STEAM
- Fomentar a aprendizaxe transversal, activa e significativa a través da arte
- Potenciar as destrezas comunicativas interpersoais.



Téxtiles musicais con Scratch e Makey Makey

ACTIVADES PARA GRUPOS DE DIVERSIDADE FUNCIONAL
 
Esta actividade pretende profundar no contido da exposición dun xeito lúdico e dinámico. A través da experiencia sensorial os participantes poderán explorar diferentes técnicas para crear unha fotografía musical. Tomando como inspiración unha das súas fotos máis "icónicas" tomada ao grupo The Beatles poderán descubrir o particular estilo de Parkinson. Para iso, facilitaránselles diversos materiais e dispositivos dixitais coa finalidade de que poidan desenvolver as súas habilidades técnicas e a expresión creativa individual e grupal.

A duración do obradoiro será de 90 minutos.
Reservas