Inicio / Exposicións / Norman Parkinson: sempre con estilo / Didáctica Norman Parkinson / Didáctica para Centros de Ensino

UNIDADE DIDÁCTICA PARA A EXPOSICIÓN "NORMAN PARKINSON: SEMPRE CON ESTILO"

 “Gústame que a xente se vexa ben, como lle gusta ver os demais, e con sorte cun
ton mellor"
Norman Parkinson

 
 
TECNOLOXÍA ENTRE COSTURAS PARA A MODA DO FUTURO
CREANDO FOTOGRAFÍAS LUMINOSAS E ACCESORIOS DE MODA INTERACTIVOS
 
Nesta Unidade Didáctica pretendemos ensinar os participantes a que aprendan a profundar de forma lúdica e pedagóxica nos aspectos relevantes da exposición de Norman Parkinson. Inspirándonos nas súas fotografías máis icónicas, cada unha das actividades pensouse para achegármonos de forma innovadora ás diferentes fases da carreira deste grande artista. En concreto, para descubrirmos o seu atrevido estilo retratando as súas modelos femininas e para entendermos a súa importante presenza na fotografía de moda.
 
Coas actividades que se formulan a continuación, os participantes imaxinaranse como será a moda do futuro. Para iso, achegaranse a novos territorios de expresión e entrarán en contacto con procesos emerxentes de creación que vinculan moda e tecnoloxía. Axudados de dispositivos dixitais educativos poderán crear as súas propias fotografías luminosas ou accesorios de moda interactivos. En xeral, traballarán coa ferramenta Scratch e a placa Makey Makey. No desenvolvemento dos proxectos adquirirán coñecementos de electrónica básica e programación, e exercitarán destrezas manipulativas como coser, debuxar, cortar ou pegar.
 
Esta proposta distínguese pola súa aposta polo enfoque pedagóxico STEAM. É dicir, pola incorporación da arte e do deseño no eixo central de STEM. Con este enfoque metodolóxico preténdese fomentar o pensamento crítico dos participantes. Así mesmo, que estes adquiran habilidades e coñecementos para innovar, imaxinar e solucionar problemas futuros vinculados ao téxtil e á moda. Cada actividade combina unha breve visita guiada e despois unha actividade “de obradoiro” relacionada coas fotografías que viron.

OBXECTIVOS EDUCATIVOS:

- Coñecemento e análise do traballo do fotógrafo Norman Parkinson.
- Promover a creatividade e o desenvolvemento do pensamento crítico.
- Estimular a capacidade plástica e visual.
- Iniciación aos téxtiles e á electrónica para achegarse ás STEM/ STEAM
- Fomentar a aprendizaxe transversal, activa e significativa a través da arte
- Potenciar as destrezas comunicativas interpersoais.
 

PARA CENTROS DE ENSINO:
 


 Educación infantil: Fotografías máxicas con ScratchJr
 
Con esta actividade preténdese introducir os máis pequenos dun xeito lúdico e divertido á obra de Norman Parkinson. Tomando como exemplo un dos seus famosos retratos de moda realizado a súa esposa Wenda Parkinson, os participantes descubrirán a capacidade deste fantástico fotógrafo para compor imaxes suxestivas. Durante o obradoiro, iniciaranse na técnica do collage. Con posterioridade, axudados de dispositivos dixitais, reinterpretarán a fotografía e aprenderán de maneira sinxela a dotala de narrativa e interactividade. Trátase de participar nunha aventura na cal a imaxinación fai do resultado unha novidosa fotografía de moda máxica.

A duración do obradoiro será de 60 minutos.
 Reservas


 
Educación primaria: Relatos entrecosturas con Scratch y Makey Makey

A ollada e a fotografía son uns instrumentos moi potentes para elaborar relatos. Nesta actividade, inspirándose na orixinal forma que Norman Parkinson construía as súas imaxes, os participantes crearán a súa propia fotografía luminosa. Tomando como referente a fotografía da modelo Pamela Minchin tomada en 1939 para Harper's Bazaar, os visitantes terán un achegamento ao estilo orixinal deste fotógrafo. Para iso, terán a oportunidade de iniciarse na técnica da costura. Así mesmo, nas novas técnicas para a integración da tecnoloxía en papel para crear o seu propio proxecto.

A duración do obradoiro será de 90 minutos.
Reservas

 

 
ESO (Educación Secundaria Obligatoria): Brazaletes intelixentes con Scratch e Makey Makey
 
Fotografía e moda serán o punto de partida para que os participantes se animen a crear un accesorio de moda interactivo. Logo de analizar un dos retratos tomados por Parkinson a Audrey Hepburn, os participantes reinterpretarán a súa vestimenta. O obxectivo principal desta actividade é achegar aos participantes as novas tendencias en deseño de roupa intelixente. Así mesmo, que descubran dun xeito divertido e entretido como Norman Parkinson evolucionou na súa época as reportaxes de moda. Para iso, terán unha iniciación básica á electrónica e ás novas técnicas para a integración da tecnoloxía en téxtiles.  Durante esta actividade desenvolverán as súas habilidades manuais e a súa creatividade, tendo a oportunidade de iniciarse na técnica da costura.

A duración do obradoiro será de 90 minutos.
 Reservas




BACHARELATO E CICLOS FORMATIVOS: Circuítos, téxtiles e moda con Scratch e Makey Makey
 
Nesta actividade o particular estilo de Norman Parkinson será a fonte de inspiración para que os participantes poidan crear un complemento de roupa interactivo ou wearable.  Tomando como referencia a obra Young Velvets, os participantes terán a oportunidade de experimentar con novos materiais tales como fíos de electricidade coa finalidade de explorar os potenciais creativos que ofrece a integración da electrónica en téxtiles. Así mesmo, entrarán en contacto con procesos emerxentes de creación que vinculan moda e tecnoloxía. Axudados de dispositivos dixitais desenvolverán as súas habilidades manuais e a súa creatividade, tendo a oportunidade de, a través da costura, aprender a coser circuítos eléctricos.

A duración do obradoiro será de 90 minutos.
Reservas