BUSCAR
Memoria Anual 2022
IDENTIDADE VISUAL CORPORATIVA
SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER
Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié
Subscribirse
CONTACTO DE PRENSA
Suzana Mihalic
Directora de Comunicación e Imaxe Corporativa
T. +34 981 060 091 / 659 459 030
smihalic@fbarrie.org
A Fundación Barrié outorga bolsas a 10 xoves para a realización de Máster en centros académicos de todo o mundo
-
A Fundación Barrié entregou hoxe as credenciais aos novos bolseiros da súa 30ª edición do Programa de Bolsas de Posgrao no Estranxeiro correspondente ao curso académico 2019-2020.
-
As 10 bolsas para a realización de estudos de Máster reflicten o compromiso da Fundación Barrié pola educación e capacitación do activo máis valioso de Galicia: as persoas.
-
O Programa de Bolsas de Posgrao no Estranxeiro é unha das contribucións máis notables da Fundación Barrié á comunidade, con 694 bolsas concedidas desde 1990 e cun investimento acumulado de máis de 41 millóns de euros.
A Coruña, 28 de xuño, 2019.- A Fundación Barrié entregou hoxe as credenciais da súa 30º edición do Programa de Bolsas de Posgrao no Estranxeiro para a realización de estudos Máster en centros académicos de todo o mundo, nun amplo abano de especialidades de interese e impacto para Galicia.
O acto foi presidido por José María Arias Mosquera, presidente da Fundación Barrié e acompañárono Óscar Rama, presidente da Asociación de Bolseiros da Fundación Barrié e Pilar Romero Vázquez-Gulías, vicepresidenta da Fundación Barrié.
En palabras de José María Arias Mosquera, presidente da Fundación Barrié: “a nosa estratexia é a aposta pola educación de todos. Pero isto non impide que unha das tarefas máis recoñecidas que realizamos sexa precisamente a busca daqueles que están chamados de xeito especial a transformar a nosa sociedade. Por mor de novo a unha dobre condición. Persoas que destacan extraordinariamente no seu desenvolvemento académico e profesional e persoas cuxo compromiso social, cultural ou científico nos leve a prever un beneficio para toda a sociedad que é o fin para o cal esta institución foi creada.”
As convocatorias anuais de Bolsas de Posgrao no Estranxeiro son un Programa de referencia da Fundación Barrié, que alcanza a súa 30ª convocatoria coa concesión de 694 bolsas desde 1990 e cun investimento acumulado de máis de 41 millóns de euros. O Programa reflicte o compromiso da Fundación Barrié pola educación e capacitación do activo máis valioso de Galicia: as persoas.
Lanzado en 1990, o Programa persegue un triplo obxectivo:
- facilitar o acceso ao coñecemento das mellores técnicas, métodos e procedementos;
- proporcionar experiencias vitais nun contorno internacional e multicultural; e
- contribuír ao desenvolvemento de vínculos académicos, sociais, profesionais e culturais de titulados universitarios vinculados a Galicia.
10 bolsas para a realización de estudos de Máster
Na convocatoria de 2019 concedéronse bolsas a candidatos das seguintes áreas do coñecemento: Enxeñaría (4); as Ciencias Sociais (3); as Ciencias Experimentais (1); as Artes e Humanidades (1) e as Ciencias da Vida (1). A media académica dos estudos de grao dos bolseiros é 8,56 sobre 10.
5 dos novos bolseiros cursaron os seus estudos universitarios en Galicia, dos cales 4 proceden da Universidade de Vigo e 1 da Universidade de Santiago de Compostela. Os 5 bolseiros restantes cursaron os seus estudos en Madrid (CUNEF, Universidade Complutense de Madrid, Universidade Carlos III); Barcelona (Universidade Autónoma de Barcelona) e Valencia (Universidade Politécnica de Valencia).
En canto ao destino, Reino Unido (6) consolídase como país de preferencia, seguido por Suíza (2), Italia (1) e Estados Unidos (1). Realizarán os seus estudos en centros de referencia como The Imperial College (3); The University College London (1); The University of Sussex (1) e The University of Cambridge (1) no Reino Unido; The University of Zúrich (1) e The Swiss Federal Institute of Technology (1) en Suíza; IDEA Academy (1) en Italia, así como no Massachusetts Institute of Technology (MIT) (1) en Estados Unidos.
A idade media dos bolseiros nesta convocatoria é de 23,7 anos sendo o 40% mulleres e o 60% homes. Con respecto á procedencia, a promoción do ano 2019 comprende a 8 bolseiros nados en Galicia e 2 bolseiros nados fóra de Galicia, sendo fillos de galegos. A Coruña e Pontevedra, con 5 e 2 candidatos, respectivamente, continúan encabezando a lista de provincias con maior nº seleccionados, seguidas por Madrid (2) e Lugo (1).
A ASOCIACIÓN DE BOLSEIROS DA FUNDACIÓN BARRIÉ
A Fundación Barrié conta cunha activa Asociación de Bolseiros, creada en 1996, que ten preto dun milleiro de integrantes, todos beneficiarios dos programas de bolsas para investigación, estudos universitarios ou ampliación de estudos universitarios en España ou no estranxeiro. A Asociación desenvolve actividades encamiñadas a facilitar aos seus asociados o contacto con institucións profesionais e académicas de ámbito galego, nacional e internacional e sempre a manter e alimentar o vínculo da Fundación cos seus bolseiros.
Neste sentido, serve de vehículo para canalizar as actividades de aqueles bolseiros que queiran pór ao servizo de Galicia e, en particular da Fundación, os seus coñecementos e experiencia, para que a formación adquirida durante o transcurso dos seus estudos e investigacións transcenda o ámbito da mellora persoal e reverta no avance da sociedade galega. (http://becarios.fundacionbarrie.org)
RECURSOS DISPONIBLES